Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A GALIÑA AZUL, OU A GALIÑA FALANXISTA II

A GALIÑA AZUL, OU A GALIÑA FALANXISTA II

             

       Parece, aínda que por pouco, gañou a Galiña azul. Tiña diante miña unha encrucillada, non sabía que camiño tomar; metérame nun fregado coa enquisa e non sabía que solución darlle ó resultado; ocurríranseme varios, pero no libro de visitas un comentarista do blog deu a solución axeitada: farei nunha segunda parte da GALIÑA AZUL, aínda que dun xeito surrealista; non quero desfacer aquel dito de que: “nunca segundas partes foron boas”, pero non hai que ser fatalistas; non ten porque ser así.

-----No parque da vila, sentados nun banco,  dous avós tomaban o sol de outono, a cada lado do banco estaba atada unha corda, no extremo da corda estaban atadas  unhas pacificas crianzas fozando na terra; quen os vía agora pensaría que eran uns nenos pacíficos, pero  un anaco antes, cando chegaron con eles ó parque parecían auténticas feras. Os avós xa non tiñan enerxías pra loitar con eles, e vendo a unha señora pasear un perigoso doberman, ocorréuselles prender do mesmo xeito ás crianzas. Evidentemente, os pais das criaturas non o sabían,  pero a eles aquelo axudáballes. O malo foi cando un municipal paseaba, con traballo o seu corpo polo parque e lles chamou a atención, dicíndolles que os ía denunciar por malos tratos e levalos á cadea; xa xuntaran as mas pra que os prenderan, !por fin ían ter un fogar con comida e sen ter que traballar! O garda deu marcha atrás cando non soubo que facer cos nenos. Eles desatáronnos e leváronos da man; as cordas levábanas no peto á vista dos nenos, pra que non se esqueceran de que estaban alí. Non volveron utiliza-las cordas, nin fixo falla; os avós e os netos non volveron falar daquelo, e nade mais soubo do asunto; eles non deixaron de leva-las cordas no peto, nunca lles fixo falla falar delas. Os nenos sabían pro que valían e coñecían os límites.  

            Os avós, no fondo tiñan as mesmas preocupacións: as pensións, que  cada vez chegaban a menos; as doenzas, físicas e do corazón, a un deles morréralle a súa dona e agora xa non tiña con quen pelexar; o médico, o que acudían pra consulta, supoñía un oasis nas súas vidas, alí podían falar cos supostos doentes, mentres agardaban, a sala de espera era un lugar de tertulia, onde se escoitaba de todo, cando lles tocaba  a quenda, pregaban pra que o médico lles puidera adicar uns minutos pra contarlle as súas cuítas; logo recetaríanlles unhas pastillas, mais que nada pra dor da alma.

           A Xunta recortara moitos servicios socias, os cartos tiñan que destinalos a  subvencións pros amigos, e a corda sempre rompía polo mais froxo.

          Aquel fin de verán ía a  ser distinto, eso pensaban eles, o fin remataran a galescola e xa  non terían que ter conta dos netos.

           As cousas non  van sempre como se espera, e os avós tiñan que termar o remate do verán dos netos; a Galescola estaba lista, pero non se abrira, o seu caron había un enorme pito presidiario cunha camisa a rais en azul; parece ese sería o novo logo. Déranse presa  no cambio de nome, pero ai pararon as presas. A conciliación  da vida laboral e a familiar non era unha prioridade pro PP. O diñeiro necesario pra apertura da escola gastáronmo no cambio de logo, na carteleira e en propaganda.

            Os días seguintes pasáronnos falando da escola; según lles dixeron o  pito era fillo dunha galiña azul, o pai no se sabía quen era, podía ser alguén do goberno  presente, ou do pasado lonxano, a eles non lles preocuba quen tivera relacións coa galiña,  o que mais lles preoucapaba era que a escola non se abría.

               Aparte de que o polo de marras ten parecido cun presidiario, tamén o ten coa abella maia e cun do goberno.

            Pra evitar lios, xa que non calla o da galiña   de Mos , por aquelo de que é galega, e eles o galego failles dano; poñería unha galiña do Perú, que cando quixeran que puxera un ovo terían que meterlle  un dedo no cu.

              Propóñovos xogar ós detectives; hai que busca-lo pai do polo. Sabemos que a nai é a galiña de Casares, pero, ¿quén é o pai?. Vou ver de facer algo parecido ó que fixen pra votar polo artigo do mes; mentres, podeis usa-lo espacio pra comentar.

      

8 comentarios

OneCarLost -

Pois mira que lle dou voltas ao pito presidiario de marras...e non acado semellanza con ninguén!!!
A quen demo sairá esto polo repoludo???
Quen montaría á galiña de Casares para que saira desa sisa, cun traxe de raias??
Son cousas que me teñen intrigadísimo, si señor!!!
ja,ja....
Pero, agora en serio. Non vos decatastes que o liante de Feijoo enrédanos con estas lerias e leva 6 MESES!!! sen facer NADA (salvo desfacer o que se tiña feito, claro)
Que tío máis listo. Intelixente non será, pero listo o que se di listo é un rato...

pitaazul -

Eu creo que o pai poder ser un dos irmans dalton que andaban sempre vestidos con traxes de presidiarios escapando de Lucky Luke e unha desas atopouse coa galiña de Casares.

Donicela -

… e non será fillo dun capón de Vilalba? claro, como ós coitados os castran pois xa non sei eu… se cadra logrou escapar do seu cativerio aínda que faría falla algo máis para que saíse un pitiño de cor azul e con traxe a raias… Ó final vai ser transxénico!

Sineiro -

Alégrome que decidise o autor publicar unha segunda tirada do seu artigo adicado á galiña azul.
Amáis diso cunha especie de conto nun tono tan surrealista e cachondo.
Neste caso segundas partes SI foron boas....

Moucho da Vila -

Non podo entender que a educación dos nosos fillos/as esté nas mans de dúas persoas sen fillos/as.
O Sr. presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación que para saber destas cousas hai que vivilas!!!
Estes non teñen nin idea de por onde andan e asi nos vai

A saber quen galeou á galiña caponata para que salera semellante caste de polo falanxista...

piuxiño -

Dende logo, sexa quen sexa o pai do polo presidiario, hai que recoñecer que ten moitos ovos...

Leborán -

O pitiño do goberno seguro que será o Conselleiro de Educación.
Vamos, digo eu...porque pluma non lle falta a este homiño.
En canto ao pai da idea, ou sexa do polo de marras, a saber que será!!!
Será Feijoo?? Non me parece a min...o polo non sacou o queixo deste personaxe.
Hummmmmmmm....

Sartalo -

ja,jaja!!!
O da galiña do Perú....ja,ja!!!
É que me troncho, meu!!!