PLAN DE VIVENDA E CONTRATOS A DEDO
Non son os Conselleiros os que fan esa noxenta e impresentable practica de adxudicar a dedo os contratos de obra é prestación de servicios públicos. Danos a impresión de que o PP tomou a Administración da Xunta como un botín, que reparte entre tódolos amigos e aqueles carroñentos que se enganchan ó poder pra zugar da teta.
O mes de agosto trdicionalmnte é un mes de baixa actividade administrativa ,pero o PP tiña presa e desfacer o que o bipartito había construído e asignar contratos a dedo á camarilla, nunha palabra había que reparti-lo botín de guerra
Hai trimestres que non se asignan tantos contratos, pero este mes de agosto, pese a ser un mes en que a administración está baixo mínimos, era un mes especial: había que reparti-lo botín de guerra entre os amigos, e para elo nada mellor que este momento en que todos estaban de vacacións e o Parlamento pechado. Foi unha actuación con aleivosía e ocultamente, sustraida a calquera fiscalización.
Xa non me asombra a cantidade de contratos que a Xunta deu a dedo, nin sequera que algúns os adxudicaran a empresas da trama Gürtel; pero o do Presidente xa non podo con el.
Veredes, o Conselleiro ese de infraestructuras e moitas cousas, ( que ten un dedo que lle medrou como o de ET, polos moitos contratos que da a dedo), deulle un recentemente á empresa onde traballou, despois de que foi cesado na Xunta, un contratiño de nada; case 400 millóns de pesetas; pouco cousa, pero eu hai días que non os gano.
Eso é o de menos, entra no xeito de gobernar desta xente. Pra eles Galicia foi o botín, e despois de ter ganado a guerra, hai que repartilo cos amigos.
Nesto que sae Feijoo nos xornais, e sen que se lle movera un músculo, di que a culpa da adxudicación do contrato tívoa o bipartito. Este home, ademais de ser un mentiroso compulsivo, debe padecer algunha doenza, ¿ou será o aire de Monte Pio?; porque dicindo disparates é un ciclón.
O conselleiro vacilón suprimiu as axudas pra arranxa-los cascos históricos; pode ser porque era un proxecto do goberno anterior, ou porque queren especular coas propiedades agora que aumentaron de valor coa crecente moda da rehabilitación.
O mais do mais, e a creación dun rexistro novo de petición de vivendas protexidas e a supresión do rexistro anterior. Por decreto, os demandantes de vivenda desaparecen; os motivos tamén poden ser: o rexistro é da época do goberno anterior, ou precisan os cartos pra papancias, pros amigos, incluídos grupos de extrema dereita; afórranse os cartos porque este ano xa non se fan proxectos.
Mentres a vivir en tenda de campaña; o Presidente da Xunta deixará instalalas nos xardíns da súa luxosa residencia de Monte Pío.
Tamén ía presentar no Parlamento un plan de infraestructuras, coartada pra gardalos cartos e incorporalos como remanente os vindeiros orzamentos.
2 comentarios
Ricardinho -
Que son?? Os novos galpóns que van promocionar os responsables de vivenda en Galicia??
Tendo a quen teñen á fronte da Consellería non me extrañaría nada.
A que non vos fixastes que cara de coello ten...cando ri, con eses dentes e eses ollos rasgados...
Da medo!!!
Xurxo -
Vamos, unha merenda de negros, nas que os que ganan son sempre os mesmos...e os que perdemos somos todos os demáis.