Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MORAL DE RICOS E MORAL DE POBRES

MORAL DE RICOS E MORAL DE POBRES

 

 

 

 

 

            O dereito ó aborto, na súa regulación legal, foi unha conquista  das mulleres, calquera modificación que se leve a cabo, pra lograr un adianto, tamén será un logro delas. Todo xira en torno seu, porque son as protagonistas e principais afectadas. Como non son muller, opinar dun tema que as mulleres lles afecta tan directamente, é meterse voluntariamente nunha discusión, que nunca se sabe como acabará, ademais, non me sinto lexitimado.

           Por evitar discutir dun tema, non vai desaparecer, polo que o mellor é sacalo á luz.  O asunto non se limita solo a se as mulleres poden decidir sobre o seu corpo,  tamén hai mais persoas implicadas no tema, que precisan ter as cousas claras pra non coquetear coa difuminada liña da legalidade; refírome en concreto ós profesionais da medicina, precisan ter un amparo legal pro exercicio da profesión, non lles podemos pedir que sexan funámbulos e que camiñen a cotío polo aramio.

             O exercicio da cláusula de conciencia parece un dereito lóxico, pero presenta problemas que é preciso matizar; pra empezar, é o mesmo que si negaran unha transfusión de sangre por razóns de crenzas relixiosas. Entón xurde a gran dúbida: é mais importante as crenzas persoais do galeno, ou a saúde da muller, xa sexa física ou moral, se é non centro público; porque se seguimos por ese camiño, o médico pode negar calquera intervención, mesmo coidados paliativos; xa vimos o que lle pasou o Dr Montes.

            Qué pasa cos médicos que nos centros públicos exercen a cláusula de obxección  e logo fan a intervención en centros privados. Eu prohibiríalles, de por vida, exerce-la medicina en centros públicos.

             Vense de aprobar a dispensa en farmacias, sen receta médica, da pílula  do día despois ou poscoital, penso que é un erro a falta de control médico, pois actúa como unha centrifugadora e o abuso, sen dúbida non pode ser san, haberá quen a tome tódolos fins de semana.  Leva tamén, moi importante, que se baixe a garda sobre doenzas de transmisión sexual. Eu poñeríalles unha condición: Terían a obriga de acudir a un exame médico posterior pra avalia-los efectos da droga e pra descarta-lo contaxio de enfermidades de transmisión sexual.

            Non quero pensar mal, pero vende-la pílula se receita médica, supón que non ha vai paga-la Seguridade Social, agudo o goberno.

            As ricas nunca tiveron problemas, nin límites pra abortar; o límite poñíao a carteira; é pois, un problema de pobres. O que nos leva a dobre moral; unha moral pra pobres e unha moral pra ricos.

             Mentres a Xunta, no seu bo goberno dálle unha xenerosa subvención a unha organización antiabortista e négalle unha axuda ó concello da Coruña pra restaurar topónimos, cousas distintas, con desenlaces tamén distintos.

             A xunta do PP ve ás mulleres como seres sen personalidade propia, o mesmo, exactamente o mesmo que as vía o fascismo durante a guerra civil e a posguerra: “como o descanso do guerrero”.

            Frase dun membro do goberno Autonómico: “Axudarémoslles a ser nais”; unha frase que estremece,  ¿e se elas non queren?. ¿haberá violacións en serie?. Haberá violacións das súas conciencias, terán que face-lo que lles diga o PP

             Algúns profesionais da farmacia queren exercer a obxección de conciencia. Que a exerzan e que lles quiten a concesión por non cumpri-la función da farmacia.  

0 comentarios