Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿SEGUIMOS NO 1936?

¿SEGUIMOS NO 1936?

            Pra algúns,  despois de 70 anos, a crueldade da guerra  civil sigue; xa non son os protagonistas directos daquel horror; hoxe manteñen viva a chama do odio os herdeiros;  nade pode odiar tanto  e    durante tanto  tempo. Foron moitos anos de odio, unha noite moi pecha que se prolongou no tempo; un tempo, no que coexistiron dúas razas  de humanoides: os amos   que vivían no lado escuro e os explotados. Eran tempos nos que os explotados tiñan prohibido  pensar, e pra controlalo levaba un colar ó pescozo, que detectaba  calquera signo de actividade cerebral;  entón activábase o colar e voáballe a cabeza o suxeito. Solo se podían xuntar pra aparearse e reproducirse. O fornicar sen que fora con ese obxectivo era pecado e estaba prohibido, menos pros amos, ou señores do lado escuro; podían fornicar polo solo pracer; os guerreiros tiñan que   relaxarse, e as Vader femias tiñan a obriga de compracelos.

              Pretendeuse algo mais discreto e permanente que o control que se facía co colar; o doutor Esperimón inventou un sistema de manipulación xenética que desenrolaría individuos dóciles, moi útiles pra traballar e obedecer; a reproducción faríase en laboratorio, co  que se eliminaría calquera método anticonceptivo, que puidera priva-los amos dos servicios dos servos.

             Cando  Darth Vader morreu, apagouse o imperio do lado escuro, quitáronse os colares, e a xente xa puido pensar:  á xente xa non lle importaba que o acto de fornicar tivera que ser pra procreación, ou que fora pecado. As femias xa non era o descanso do guerrero, agora eran donas de si, dos seus actos e do seu corpo. Parecía que, o fin,  camiñabamos cara a liberdade.

            Algo non foi ben, os explotados estaban acostumados a transixir e a soportar privacións, pero os señores do lado escuro  non sabían vivir sen os seus privilexios. Neles, despois  de tanto tempo, produciuse unha mutación xenética, que a transmitían, e segundo a que xa non sabían vivir nun mundo compartido, de dereitos e obrigacións.

             Deixando o mundo das fabulacións, no que lle gustaría vivir a Álvaro  Cunqueiro, imos volver o día a día, e veredes que segue nesa irrealidade, dese mundo que antes pintamos.

              O PP oponse á aplicación da lei da memoria histórica, eso que xa levamos trinta anos de democracia; un xeito de vivir que eles aceptan de mala gana.

              Non pecharíamos unha relación citando A Coruña, Guadalaxara, ou o Val dos Caídos. O do Val dos Caídos é espeluznante; como non tiñan bastantes víctimas do seu bando, violaron as tumbas colectivas dos que asasinaron, e trasladaron os restos o Val dos Caídos; imaxinade o sufrimento engadido dos familiares dos asasinados cando souberon do feito. Solo pensar que os seus ían descansar nun medio hostil, tiña que ser horroroso.

            Agora, a Xunta do PP obstaculiza a aplicación da lei da memoria histórica, e poñen no mesmo cesto as víctimas e os verdugos. O PP segue a lexitimar o réxime franquista, unha dictadura tan cruel, que non se coñece na historia unha semellante, tendo que nos remontar a Nerón pra atopar algo parecido.

            A sublevación de Franco puido triunfar pronto e aforrar moitos mortos e a devastación do pais; pero el quería eliminar calquera tipo de resistencia, e asasinou, sen piedade, ata que reduciu o pais a cinzas pra crear o seu reinado de terror, que solo rematou cando morreu.

              A pervivencia de algunhas ideas e maneiras antidemocráticas, subsisten, pola peculiar transición española, onde non houbo ningunha depuración.

0 comentarios