PROLINGUA
Galicia Monolingüe está a xerar certos radicalismos, ós que persoalmente non me opoño, nin os defendo, xa que lle corresponde opoñerse a eles quen lles da gasolina. Aínda que non é o mais ideal promover posturas radicais na defensa do idioma, creo que entra dentro do concepto de lexítima defensa. Dende logo non sería desexable que se xerara unha división na poboación e que se crearan barricadas ideolóxicas co gallo da lingua; mais ese é o camiño que segue o goberno da Xunta, animado polos ideólogos axitadores de Galicia Monolingüe.
De momento ven de nacer PROLINGUA: unha organización apartidaria, sí política, na que se integra xente de todo o arco ideolóxico galego, incluíndo xente do PP.
A pregunta é inevitable: ¿ Cómo pode Galicia Monoligúe determinar, algo tan sensible, como é a política lingüística do goberno?. É sabido o escaso apoio popular de Galicia Monolingüe, nembargantes o goberno galego dálle un cuantioso apoio económico, cos cartos de todos, e asígnalle a calidade de interlocutor privilexiado pra todo o relacionado co galego.
Tamén na toponimia parece que ten que dicir Galicia Monolingüe, tanto este grupo como a mais tramontana rama do PP, queren eliminar todo vestixio do galego, incluso nos nomes dos lugares. Actúan borrachos de poder e coa ousadía que da a ignorancia.
O topónimo de Sanxenxo, que os ignorantes, e pretendidamente sabidos, traduciron por Sangenjo, cando si querían facer unha boa traducción tiñan que ser San Ginés; o mesmo que “el niño de la guía”, traducción de -niño da aguia- é dicir: -nido de águila- . eso é unha mostra do nivel cultural que tiñan e teñen.
A Toponimia que pretende Galicia Monolingüe e algún sector do PP é un retorno a ese monumento da cultura franquista.
De alucine a acusación a Galaxia de promociona-lo uso do galego; Galicia Monolingüe entende que a política da editorial Galaxia prexudica ó castelán.
Do poucos que son, e o moito ruído que fan comprendémolo, cando o mesmísimo Presidente da Deputación de Pontevedra lle esixiu o presidente da Mesa de Normalización que de explicacións sobre o presuposto. E dicir o Presidente dunha Administración pública, sospeitoso de corrupción e malversación, esíxelle a unha entidade privada explicacións sobre o presuposto. A implicación de certos poderes públicos en Galicia Monolingüe é evidente, e utilizan esa formación pra que outros Poderes Público os sigan.
A xunta suprimiu as axudas ós grupos de normalización do galego no ensino; espero que non quiten a do tabaco, porque aínda que o tabaco é malo pra saúde, é bo pro peto dalgúns, sobretodo se non se paga á Facenda, non hai mais que ver, parecen porcos cebados.
0 comentarios