Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON ESQUECEMOS O PRESTIGE

NON  ESQUECEMOS O PRESTIGE

 

 

        Foi unha noite mais que estendeu o seu negro manto sobre as nosas costas, matando tódolos seres vivos que vivían no mar, pra logo encher de aquela viscosa merda os nosos areais, as rochas e as rías.

´       López Sors, entón Director Xeral da Mariña Mercante, intentaron imputalo en diversas ocasións; a súa imputación foi rexeitada tanto polos Xuíces instructores como pola Fiscalía, agora ven de ser admitida a súa imputación pola Audiencia da Coruña; aínda que pode que sexa notoria a súa responsabilidade no accidente, non debemos de cantar victoria. Ó marxe da súa presunta responsabilidade criminal, é un cabeza de turco. É un miserable,  o que se agocha tras del, dito no seu linguaxe

           Teño as miñas dúbidas de que esto teña un final nun  proceso, como moito despois do ruído e do cansazo haberá unha componenda,

           Tanto o elevado número de letrados e profesionais diversos que interveñen no proceso, como o volume das actuacións, con mais de 250.000 folios e os damnificados, aínda sen determinar, hai unha cousa clara a prexudicada foi Galicia, e os que fixeron algo pra remedia-lo mal foron os centos de voluntarios, os que nunca lles agradeceremos dabondo a súa axuda.

            Aquela traxedia xa pasou, aínda hoxe nos produce tremores, como se  a terra se movera baixo os nosos pes. Si miramos pra diante, asáltanos a dúbida: ¿ fíxose algo?, ¿estamos mais seguros e a salvo de outra catástrofe?. A resposta é contundente: non. Salvo que os petroleiros non poden navegar polas augas da Unión se dobre casco, nada de nada; o dos corredores, e o aloxamento da costa, non serve de nada, sen medidas punitivas serias; non se sabe de ningún barco que o fixeran entrar a porto por non respetar os corredores, nin a distancia  á cosa, que sería o que de verdade lles doería. Falta unha vixilancia  aérea cústante. non hai medios de prevención suficientes, nunca hai suficientes, pero os que hai son de pena; non hai porto de refuxio sinalado, non hai un protocolo de actuacións, que evite as decisións erráticas. Conclusión: si sucede algo, que por desgracia pasará, estamos igual de fodidos; non se pode estar fiando todo á sorte.

 

1 comentario

Donicela -

Por desgraza, as catástrofes medioambientais importan só a uns poucos. O resto parece que as esquece dende o mesmo intre en que acontecen, como se con eles non fora o conto… co paso dos días quen lembraría aquelas xentes que loitaron contra esa inxustiza coas súas mans e os seus sinxelos aparellos, aquel mar negro, aquelas gaivotas, corvos mariños e araos cheos de chapapote, aquela morte…

Recordo “aqueles” que se acercaban as praias para saír na foto, só de pensalo póñome mala! Se tivesen un pouco de sangue no corpo deixarían a un lado os seus traxes de señoritos, axeonllaríanse no chan e recollerían coas súas mans aquela merda! Énchenseme os ollos de bágoas só de lembrar os que menosprezaron o noso esforzo, os que se riron, os que nos trataron como se fosemos parvos, os que nos querían calar cando diciamos a verdade e nos manifestabamos…

Oxalá a traxedia do Prestige non volva a suceder NUNCA MÁIS!!