AS VICTIMAS DO GURTEL
O PP gábase de que toma medidas; eso ten unha mensaxe subliminal, si estiveran no goberno tamén as tomarían; non quedarían paralizados polo medo escénico. O que me da medo e que as medidas que tomarían serían da mesma índole que as que tomaron no caso do Gürtel. Sacrifícanse a peóns pra salva-la cabeza dos que verdadeiramente cortan o bacallao. Alguén cree que os sacrificados en Madrid eran os responsables; ou que Costa era o responsable último en Valencia. A tarifa do 3% por obras adxudicadas, ¿ quén a puxo?, non parece que sexa unha cuestión coincidente entre segundos, mais ben parece unha decisión concertada, por xente con poder, que pode que usara a vía da circular, ou instrucción.
Aínda na parálise, as decisións últimas sobre a xestión da crise tómanse en Génova; a resolución de Esperanza Aguirre foi co beneplácito de Génova; si ben Esperanza quedou como unha persoa resolutiva, ó contrario que Rajoi, que deu unha imaxe de indecisión; agarda que outros laven os trapos sucios, e esperaba que eles lle resolveran o problema, porque carece de forza pra enfrontarse a eles.
As festas pra alcaldes e concelleiros do PP, con rapazas de moralidade distraída, co fin de recalificar terreos, organizadas por Gürtel, aseméllase ás festas de Berlusconi.
Corrupción económica e prostitución coincidían, i é que a moralidade é un luxo que solo se poden permiti-los pobres.
Despois de feitos incuestionables, aínda veñen coa teoría da conspiración pra prexudica-lo inmaculado PP; eu penso que os prexudicados somos os cidadáns, ós que non solo nos enganaron, roubáronnos os cartos e a esperanza.
Non se espera que os verdadeiramente importantes dean a cara; esto estase parecendo demasiado á FILESA do PSOE; tamén garda semellanza co caso de Banca Catalana, na que estaba metida CIU; pero estes agora supéranmo todo, é como si quixeran te-la corrupción en exclusiva. Si roubades que sexa moito, si roubades solo pra comer, podedes ir ó caldeiro. Parece que iso é o que nos queren dicir
3 comentarios
a cabra do saviñao -
piuxiño -
Sartalo -