MANIFESTACION CONTRA DO ABORTO
Nun ambiente festivo sectores ideolóxicos ultramontanos celebraron en Madrid unha manifestación contra do aborto; había sotanas e os mais modernos alzacuellos, xunto coa dereita mais rancia. Aznar e moitos dos que figuraron nos seus gobernos destacaban na marcha, unha marcha, segundo eles de mais de un millón de persoas. Unha empresa que inventou un sistema de reconto, cifra os asistentes en pouco mais de 50.000. De calquera xeito o número de asistentes non é o único e o mais importante: o importante é que unha minoría quere impoñer o pais unha moralidade e unhas regras, que segundo unha enquisa, recentemente publicada, no representan a mais de un 20% da poboación.
O que se vota de menos na lei do 85 é a desprotección dos profesionais e a mesma protección da identidade das pacientes; aínda que o seu historial clínico goce da protección xeral, neste suposto tiña que ter un plus adicional.
A nova Lei non obriga a nade a abortar e conta co asentimento do 80% da poboación; ese asentimento debera chegar pra xustificar a norma. Posiblemente conte con suficiencia parlamentaria pra súa aprobación, aínda que se terá que pulir en trámite parlamentario pra que salia unha norma con mais aceptación. O ideal sería que saíra unha lei de consenso, aínda que o pulido fora mais fondo; pero despois de escoita-los representantes da dereita, as ilusións non teñen cabida. Na Europa de noso entorno sería unha lei de consenso, pero a dereita española non ten moito parecido coa dereita de outros países. Pouco se pode esperar dunha dereita que non é laica, que vai da man dos bispos.
A mesma dereita que facía turismo ás clínicas de Londres; entón as mulleres das clases privilexiadas podíanse permitir eses dispendios, as das clases proletarias non. Xa basta de hipocrisías e moral á carta, que os curas no nos intenten impoñe-lo seu credo á forza. Eles non mudan cos anos, nin intentan convencer con argumentos, recorren sempre a unha suposta vontade divina, a un orde inescrutable; o mellor levábanse unha sorpresa si Deus nos comunicara a todos, non solo a eles, a súa opinión sobre algunhas cousas, que non falen do que non saben, nin do que non sofren.
A Xunta recorta gastos sociais, pero á Asociación pro vida deulle unha subvención. Cuestión de afinidade ideolóxica, supoño.
0 comentarios