AXENDA DA SEMANA
O resío da noite
O Lobeira os dous subimos
Moi cerca do ceo estábamos
O manto que nos cubría
As estrelas nunha noite fria
Rodeabate cós meus brazos
Mentras o desexo nos consumia
Sentía a calor dos tus beizos
O amor nunha noite fria
O tempo pasaba amodiño
Com brio os corazóns latían
Os fados do destino
Unha vez mais nos unían
-AS CUCHIPANDAS; sen reparar en gasto se aínda que falta moito pra procesos electorais, o PPg xa está traballando o voto dos emigrantes.
-OS QUE NOS MARCARON O VIEIRO. En setembro gañou a elección o artigo sobre os martires da Patria, pouco podemos facer pola súa memoria, porque nada será suficiente; o único recordalos, agora tócanos recoller a colleita do que eles sementaron
-O ALPISTE DO LORO: Cando falan de austeridade, de que van a baixa-lo soldo dos Altos Cargos, mesmo dos Deputados, e logo vemos que o soben por outro lado, éntrame un cabreo de que nos tomen así o pelo.
- MAÑÁ É OUTRO DIA: As cousas adíanse sen data, como o debate do estado da Autonomía, pero tamén asuntos do goberno diario, preocupándose unicamente de mirar pra atrás
-UNIDOS POLA CORRUPCIÓN: PP e PSOE, aínda que pretenden vivir de costas entre si, o certo é que a corrupción parece atoparlles puntos de encontro.
-A HIPOCRESÍA PARLAMENTARIA: Non sei si no Parlamento falan pros seu seareiros e non lles importa o asunto a tratar; viven nun mundo de ficcións
7 comentarios
eu o autor -
Val Miñor -
Nos mesmos -
Sartalo -
Castrelos con cachelos -
Moucho da Vila -
laura -
Saúdos dende Monforte de Lemos