AS DERIVAS DE FEIJOO
O Feijoo viaxeiro recórdame o Papa Juan Pablo II. Feijoo quere pasar á historia como o Presidente viaxeiro; non se senta agosto na cadeira presidencial, próelle o cu e necesita espándi-los seus reales fora do pais. Non debe ser casualidade que escolla un lugar de tanta concentración de Cubanos, opostos ó réxime de Fidel, pero sobretodo, un lugar onde os negocios escuros e a moral teñen un significado especial; alí recibirá un premio, como en tempo o recibiu Aznar, e eso significa moito. A viaxe sorprende, e pregúntome cál é o obxecto; xa sei que dixo que era unha viaxe de !estado!, diplomática; non se pode ignorar o peso dos EEUU e Feijoo vai colonizalo. Algo de verdade pode ter, pero non a verdade que el pretende que nos creamos. Sospeito que nestes procelosos mares pretende pescar inversores pra súa privatización. A política súa é vomitiva, pero sempre se pode subi-la aposta e venderlles Galicia troceada a eses benefatores, a cambio dunha substanciosa apartación á causa.
A esquecida e sufrida Galicia queda, mentres tanto en boas mans; Rueda, o incorrupto, a piadosa Farjas, a profesional Mato, o preclaro Conselleiro de Educación, o enterrador da cultura, o home das eléctricas; todo ben atado. Non hai como ter xente que sabes que vai segui-lo libro de ruta mellor que tí; quen llos escolleu, fíxoo moi ben.
Teño, serias e fundadas dubidas de que a oposición parlamentaria lle pida contas polo despilfarro da viaxe. Algo cheira moi mal, Aznar recibiu tamén a medalla e se é o mesmo custo da que quería mercarse do Congreso, menuda nos espera.
A seguir vivindo na opulencia, sentados en mulidos asentos, tirando da tarxeta, mentres o pobo está cada vez peor. Temos o goberno que merecemos, estannos hipotecando o futuro, arruinando o pais, enganándonos nas probas selectivas pra persoal da Xunta.
Ían a gobernar con austeridade, eso dicían, de momento gobernan co cu; gústalle viaxar á conta do noso pecunio; teñen un parque móbil cheo de coches, que non usan e que os van ter que regalar, mercaron unha flota nova; non lles importa tirar cos cartos. Con eses cartos podíanse mellorar as prestacións sociais, facer obras públicas, etc. Pero eso non da gloria e sensación de opulencia; cada vez mais parécese a certos dictadores africanos
0 comentarios