Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O RAPAZ DOS RECADOS

O RAPAZ DOS RECADOS

 

              A historia de Feijoo parece sacada dun entremés de  Cervantes, cunha diferencia, nos entremeses os rapaces dos recados pra  sobrevir son astutos, Feijoo, pola contra é fel, unha calidade necesaria na política de hoxe pra sobrevivir.

                Que Feijoo non ten moitos recursos propios demóstrao cando un avisado politólogo o pon diante de feitos  novos; se lle fan unha entrevista el pretende responder cos clásicos tópicos que usou na campaña electoral, aínda que non veñan a conto, eso demostra que é un home moi limitado e que ten medo a saírse do guión que lle marcaron.

                    Cando lle preguntaron a súa opinión sobre as fusións das caixas, deu unha resposta sincera: non tiña un criterio persoal. Diante de todo se atopa no mesmo calexo, el non  ten criterio sobre nada que non lle deran instruccións; é un bo xeito de non equivocarse, pero unha moi mala sinal de un dirixente político, é que pon de manifesto a súa lealdade pero, o mesmo tempo, a carencia de ideas propias.

                       Agora non se trata de anular proxectos do bipartito, hai que tomar unha decisión de goberno de moito calado, temo que Feijoo non dea a talla pra eso e outros tomaran as decisión e  diranlle o que ten que facer. La Voz de Galicia intentou crear opinión, varrendo pra Coruña e pra Caixa Galicia, o que cabreou ós vigueses e dificultou calquera entendemento entre as dúas caixas. O conto saíulle ben no eólico, pero agora parece que lle saíron mal as cousas. É curioso como, no eido financeiro, algúns se dan de galeguistas e loitaron por entrega-lo eólico a empresas de fora de Galicia e contra dos intereses de Galicia; non sei que explicación darán pra   eso, si é que a dan.

                     Os movementos das fusións son, coido, promovidos por intres da gran banca, que quere fusionalas, que perdan  o arraigo territorial e demais signos de identidade das caixas de aforro, pra levalas o seu terreo, e unha vez desnaturalizadas, comelas

                      Aburre, sobremaneira, as escusas ó bipartito, xa cansa, que despois dun ano, Feijoo non nos ofreza unha ilusión de futuro, que o paro, o que tanto recorreu en campaña, lonxe de arranxalo, como prometeu, medrara exponencialmente; hoxe,  por desgracia, destacamos, negativamente, noutros sectores sociais i económicos; como son en servicios sociais e innovación: pola contra lideramos o apoio á iglesia católica, entidades privadas, incluídos medios de comunicación afíns.

                       Non sabemos de quen é preso Feijoo, nin que futuro nos agarda, si sabemos que estamos mandando unha sinal de fatalismo e desesperanza ó resto do estado. Falta unha alternativa solvente a Zapatero, e Feijoo danos un desacougo do que nos agarda.

0 comentarios