Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DA CASA DE SEMPRE

DA CASA DE SEMPRE

           A Asociación SAN ROSENDO é unha creación da casa, vinculada ó PP e  o Opus, agora vai entrar no negocio da xestión dos Centros de Día e nas Residencias de Maiores.

              Non abrían os centros rematados porque llos había que entregar á San Rosendo sen cargas, nin ataduras; así farase negocio cos servicios públicos.

              Non sei se é relevante, pero a Asociación San Rosendo xa viña xestionando Residencias de Maiores; tamén xa visitou ós xulgados por irregularidades graves, e o Supremo confirmou no mes de maio pasado unha condena por estafa ó presidente da Asociación San Rosendo, pero esto semella non ser relevante pra  pra Conselleira que xestiona o asunto, nin pra Feijoo; pra eles o preocupante é que se atopan con Residencias e Centros de Día, lastrados por unha carga de persoal, de aí que os estean presionando pra que deixen lugar pra unha xestión privada do servicio.

              Ós traballadores do Consorcio e os familiares das persoas residentes están de uñas, pero a folla de ruta é a que é. O gracioso é que ó persoal acúsano de pertencer ó Bloque por non segui-la voluntade do PP,eso, comunistas e separatistas.

               O persoal do Consorcio, os usuarios e algún grupo político estanlle a crear problemas ó PP, pero ó final ganará.

                A resistencia dos alcaldes estase a vencer dicíndolles que a Xunta non pode abrilos e xestionalos, pero si subvencionalos, ademais, poderán presentar listas de persoas que queiran colocar, porque ó ser empresas privadas pódese meter  a quen queiran.

0 comentarios