Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O PARTIDO O PRIMEIRO

O  PARTIDO O PRIMEIRO

 

             Na xuntanza de presidentes  das autonomías houbo, por parte dos Presidentes do PP un plantexamento de partido, e ningunha intención de  chegar a  acordos. Tampouco se  sabía moi ben a que acordos se podía chegar, de aí, ante as vaguidades do goberno, os dous bandos chegaron a reunión con posturas definidas, aleccionados polos seus partidos.

             Os Presidentes son tan guiadiños, que a reunión foi como un diálogo do xordos; Parece que se pretendía chegar a acordos sobre a economía sostible.

              Por parte do PP fixo de portavoz Feijoo, home moi mesurado, dado a chegar a acordos. Na xuntanza  fixo gala do seu talante dialogante, con monólogos escritos de antemán, e que pouco tiñan que ver co que era o tema da reunión.

               Pra poñerlle a guinda á xuntanza, houbera sido bo que o PSOE mandara á reunión a súa Ministra estrela, pra que falara sobre as membras, que había poucas.

                 A estas xuntanza hai que chegar cos deberes feitos, e o goberno debeu pensar que improvisando era dabondo

                   As xuntanzas de Presidentes íanse a celebrar, como mínimo, unha anual, e temas houbo, pero facía case dous anos que non se celebraban, e eso foi salientado por Feijoo; magoa que non se lembre que el tamén suprimiu o debate  do Estado da Autonomía, i é que as cousas non se ven o mesmo, aínda que debían.

                  PP e PSOE teñen foros nos que se poden tira-los trastos á cabeza, aquí debeu primar mais o carácter institucional da  xuntanza, pero os actores principais, Chávez e Feijoo son bos pra líala, pero demostraron ser uns inútiles pro importante.

 

 

 

0 comentarios