A CRISE NON VAI CON NOS
Vendo a xente mercando como posesesos, ou vendo cheos os restaurantes de luxo, constatamos que a crise no vai con eles.
Do mesmo xeito a austeridade, ben entendida, da que tanto presumía Feijoo, era unha austeridade en sentido poético e aplicada sempre ós currantes, non a eles, nin ós seus protexidos;cando lle afecta a un mesmo, o sentido do voto é distinto.
Tiven a oportunidade de escoitarlle a un señor, con pinta de garulo, unha xustificación pra non celebrar o partido da Selección Galega de Fútbol; segundo el, non sería de bo goberno destinar fondos públicos pra paga-lo partido de fútbol, hasta ai ben, a austeridade tráenos ese regalo navideño.
A austeridade da Xunta é unha austeridade segundo pra que, non é o mesmo, por exemplo, os dependentes, pros que non hai cartos, que as asociacións de ideoloxía ultraconservadora, pras que si hai; tampouco é o mesmo a promoción da cultura, pra que non hai cartos, que as subvencións a empresas particulares dos amigos, pras que si hai cartos; tampouco é o mesmo o custo do partido da Selección de Fútbol, pro que non hai cartos, que o plus de altos cargos: Delegados, Directores Xerais, Administradores, Conselleiros .etc. pros que si hai.
No plus de altos cargos, houbo no parlamento a conivencia vergoñenta do PP e do PSOE, que votaron xuntos pra mante-lo plus, impedindo que prosperara unha iniciativa popular pra suprimilo.
A xustificación do voto, opoñéndose á supresión dos plus de cese, foi tan kafkiana, que fai do Parlamento o lugar dos desatinos. Feijoo incluso falou de hipocrisía, si hipocrisía; non é hipocrisía presumir de austeridade e manter, ese ofensivo privilexio; sí é austeridade intentar suprimir un complemento pras pensións mínimas; total os pobres xa están afeitos ás estreiteces. Moitos prados verían como unha lotería cobrar 15.000 euros ó ano, estes privilexiados vanmo a cobrar dunha atacada.
!Que mal repartido está o mundo!, !que mal goberno!
0 comentarios