OURENSE SI IMPORTA
O inicio deste ano vai estar marcado pola loita polo poder en Ourense; Feijoo, ou o que é o mesmo, a dereita mais cavernícola domina o PP e ten prisioneira a meirande parte de Galicia.
Ourense é a aldea gala que se lle resiste ó emperador Feijoo; de feito, en calquera momento podían poñer nun apuro ó imperator; así que caralladas: as xustas.
Os Baltares son herdeiros directos dos Centristas de Ourense, cun certo arrecendo de galeguismo rural, que tanto anoxa ó emperador; en calquera momento, esa ideoloxía latente de galeguismo pode agromar e poñe-lo poder de Feijoo contra as cordas.
Feijoo quere aparentar imparcialidade, por si a caso; pero xa ten traballando a todo gas ós peóns. A coordinación e deseño do ataque de Feijoo pra controlar Ourense é de mais aló de San Caetano, pero o seu desenrolo, o traballo de campo, encomendóuselle ó Delegado da Xunta en Ourense.
As subvencións son un elemento de convencemento que o Superdelegado utiliza; o teléfono está que vota fume, as chamadas dende a Superdelegación pra conquerir votos son incesantes, as promesas de subvencións son como unha chuvia, e alí onde se presenta unha resistencia ou unha voluntade dubidosa, mándase un propio.
Os feixoas presentan pra batalla un peón que sempre viviu a sombra do poder, e que constantemente alude a presións imaxinarias, pra que non se fale dos seu manexos, nin das presións dos feixonianos; eu, no lugar de Baltar non tería as cousas nada claras, a súa experiencia e artes, non as a poño en dúbida, pero o outro bando non vai reparar en medios, estratexias e malas artes. A ideoloxía é moi vaporosa e pouco fiable, cando se xoga con amarra-lo poder.
Xente que, en teoría, foi expulsada do partido por vulnera-lo pacto antitransfuguismo, agora van de compromisarios, entre eles brila o alcalde presionado; conclusión, o da expulsión era de mentira, pura aparencia, teatro
8 comentarios
pitaazul -
Baltarin vai de galeguista,.. pero parece ser que non é tan fino como o pai, de feito conta co apaio de antigos colegas de Jimenez que este desterrou do seu lado, como é un tal Rolan.
Jimenez parace ser que o coñecen como "cabezón", será que ten moita cabeza, e débelle todo a Baltar, asi que non me estrañaria que se gaña lle empecen a salir os trapos sucios como aquel que foi de número 1, un tal Carrera.
Resumindo unha película de suspense.
santomé -
Shiximaru -
Eu propoño facer un concurso na provincia de Ourense para elixir a afortunada rapaza virxe que lle de descendencia a José Manuel Baltar. Ten que ser unha xove ama de casa, relixiosa, vírgen, caste, pura, forte e sa, bela e fermosa. Unha vez que lle proporcione a descendencia, recibirá unha pensión e vivirá no palacio da Deputación ata o final dos seus días, non podendo interferir na educación e a formación do fillo Baltar III, que terá que educarse o os máis ríxidos principios do Baltarismo-clientelismo, feudalismo, favoritismo, amiguismo, nepotismo, enchufismo, caciquismo, borreguismo, manexo de subvencións e orzamentos públicos, obras públicas, concursos e oposicións.
Que vos parece??
Besteiro -
jejeje!!!
ventureiro -
Triple NON por resposta
eu o autor -
Feijoo é o Atila, pretende arrasar Galicia; eu, no malo teñoo claro: Baltar
serpe -
En pleno século XXI e parece que esteamos na Idade Media. Xa me diran que méritos fixo o "sucesor" para substituír a papi.
Porén podémolo estudar desde outro punto de vista. Gran parte dos politicos da provincia aínda "viven" na idea da Galicia profunda de mediados do século XX, con boa parte da poboación avellentada e con escasa cultura democrática e descoñecedores dos seus auténticos dereitos e liberdades democráticas, e alimentado baixo a idea do medo ao progresista. Os nosos representantes políticos, en trinta anos de democracia non foron capaces de atraer industria suficiente para xerar postos de traballo entre os mozos ourensanos, que ou ben tiñan que emigrar ou ben encontrar un traballo nalgunha administración a base de enchufes debendo estar "agradecidos" ao padrino de quenda, que sempre era a mesma persoa. Como lle íaa interesar ao devandito personaxe que Ourense e provincia se modernizasen se así tíñao todo controlado?.
Temos un gran exemplo no futuro ave. Vinte e cinco anos despois do de Sevilla chegará á nosa cidade, pero cunhas infraestruturas do século XIX, e os políticos dedícanse máis a gañarse a poltrona que a defender os intereses xerais dos ourensanos.
Que se require un soterramiento da estación cae de caixón, pero o máis importante para os nosos políticos ourensanos son os seus asuntos particulares. Ourense é unha aldea, e o polo de agora presidente da deputación nada fixo por mellorar esta situación, máis ben o contrario, canta máis incultura e menos comunicacións, máis poder. Canto máis illamento e máis avellentamento mellor para él, e se había alguén que lle desmadrase alí estaba él para "solucionar" o asunto como máis conviñéselle e sempre "parecendo" un favor, que tarde ou cedo se cobraría. E agora vaino a cobrar, e ben que o van a cobrar o pai e o fillo, e xa que estamos que vaian preparando ao neto, porque me imaxino que "de tal pau tal estela".
O bonito é que nin un nin o outro teñen o máis mínimo rubor en aparecer como auténticos caciques.
sartalo -