Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿PODÉMOSNOLO PERMITIR? eles si

¿PODÉMOSNOLO PERMITIR? eles si

¿

 

              A  veces somos prisioneiros das nosas palabras, e parece que o rectificar non está no vocabulario dalgúns, pero mais valera que a tiveran no seu vocabulario. Nade esquece a leria que Feijoo montou cos Audis na campaña electoral, creando a imaxe dun goberno despilfarrador. Prometeu vendelos Audis, pero nade llos quere; os Audis, que curiosamente mercara o PP. Si llos queren: o concesionario que lle vende coches novos, mércallos a prezo de chatarra. !bo negocio!    , zi zeñó.

                17 Audis, polos que a Xunta paga seguro a todo risco, están varados na garaxe, perdendo valor; os altos cargos recorren a usar coches que mercan a nome de empresas da Xunta, así, sobre o papel intentan mante-la imaxe de austeridade; son trucos de prestidixitación, cos que intentan enganar o electorado.

                A famosa guerra dos Audis, ademais dunha pasada de freada de Feijoo, tamén pode deberse a unha guerra de marcas, a unha vinganza a un concesionario, ou a algunha razón que non sabemos, pero que se terminará sabendo; cobra forza o da vinganza, ou algún asunto con un concesionario.

                 O Presidente ten pro seu uso catro vehículos de alta gama, a dous deles aínda non se subiu. Eu solo quero cita-los feitos, porque sobrarían os comentarios.  

                 A Conselleira do Mar, seguindo as normas de   austeridade de Feijoo, acorda non merca-lo helicóptero  de salvamento  pra  costa da morte, pero merca, a través do   Grupo de Portos, por medio dunha elaborada inxeniería financeira, un coche de luxo, malia ter coches sobrantes no Parque Móbil. Quere poñe-lo cu no plástico  e que os mariñeiros se salven a nado, si queren.

                  Hai materia pra que opinedes; tamén está colgada a enquisa, que se sacará antes do que se puxo.

                     

7 comentarios

eu o autor, outravez -

Hai cousas difíciles de comprender, que a oposición esté caladiña, e eso dame mal palpito, e que a xente da costa da morte sexa fel con quen os fode; pódese ser seareiro, pero !collerlle gusto a que che dean por donde se empezan os cestos!

Eukesei -

No tema este do helicóptero da Costa da Morte, cabe lembrar as verbas do Patrón Maior de Fisterra diciendo que eles se conformaban con un reforzo nas plantillas dos Helimer Galicia. Menudo inmoral este tío. A saber que escuros intereses o movían para defenfer semellante decisión da Xunta. Menos mal que foi duramente contestado por outros Patróns Maiores da zona.

Pontevedrés -

Eu penso que a xente xa hai un tempo que se decatou que o tema dos Audis era un engano. Penso que para a próxima ese tipo de argucias non lles vai servir de moito.
O que me sorprende é o pouco interese que ten a oposición en destapar estos casos de despilfarro na actual Xunta. Será que eles tamén teñen moito que calar, digo eu!!!

Fendetestas -

En fin!!!, anulan o helicóptero de pesca en Costa da Morte (o nome dio todo) e manteñen o da Estrada que permite a voluntarios e algún membro de Protección Civil pasear e sacar fotos, porque para o demais é inútil.
O aforro do Sr. Feijoo é en seguridade ou en paseos?????

Leborán -

Foron moitos os veciños das nosas bisbarras da Costa da Morte os que votaron a Feijóo, pensando que a súa mensaxe era sincero e que, de verdade, quería cambiar o rumbo deste recuncho de Galicia.
A día de hoxe, moitos-agás os máis fanáticos - éstánse sentindo frustrados. Na autovía non lle move un metro cúbico de terra; no porto de Brens, idem; o Consorcio de Turismo de Costa da Morte, clamado por todos, segue sen funcionar. E por se isto fóra pouco, prentende a Xunta aforrar á custa de retirar un helicóptero imprescindible para a seguridade na perigosa costa, que por algo é a única de España que se chama así.
Se non é de recibo a actitude que están mostrando os gobernantes autonómicos, éo aínda menos que os políticos da nosa zona non observen a altura e do lado dos sempre azotados cidadáns. Alcaldes e concelleiros de todos os grupos (incluídos os do PP, como non) deben ESIXIR nos seus respectivos plenos que, polo menos, se cumpra todo o que estaba contemplado. Non teñan medo, señores populares, posicionense a favor do pobo. Vostedes gañarán moitos votos, pero, sobre todo, gañará o noso territorio, que é no que temos que vivir, e criar formar aos nosos fillos. Os altos cargos-uns e outros - arránxanse ben pola súa conta.
Ao señor Feijóo, dicirlle que catro anos pasan pronto, e que lembre que non anda moi sobrado de deputados para acadar a maioría parlamentaria.
E a pobo é sabio

Saimaza -

Con tanta propaganda de aforro -á que lle dan altavoz non poucos periódicos- xa se sabe a onde conduce: a que se reduzan as prestacións da xente, que os membros do Goberno non van pasar fame nin ter en perigo a súa vida (os Citroens non son menos caros cóa Audis, e estes aínda están sen vender: ¿onde está o aforro?). Volvemos a estar desprotexidos no mar na Costa da Morte coma na época do Prestige. ¿Que máis ten que morran os mariñeiros? ¡Hai que aforrar para que che saquen titulares na prensa!

Recaman -

Esta é unha estratexia que gustan de artellar os próceres do PP, dando sempre imaxe de austeros e despilfarrando por detrás todo o que poden.
En fin, nada novo baixo o sol...