Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O REPARTO

O REPARTO

 

                        A xente está conectada co tema das caixas de aforros e preocúpalle o asunto, pra mostra a manifestación de Vigo; tamén os lectores do blog  deixaron as súas  opinións  e resúltalles incomprensible  que Feijoo, que aniquila todo o que sexa de intres pra Galicia, se  envolva na bandeira galega e defenda a fusión, supostamente, pra costituir un grupo financeiro galego.

                        O alcalde Vigo invoca o Viguismo pra opoñerse á fusión e fai músculo coa manifestación cívica. O goberno central amaga co recurso e coa negociación; Feijoo préstase á negociación e deixase querer, quizá presionado desde Xénova.

                        Os políticos son uns actores  que defenden uns intereses que pouco  teñen que  ver cos dos votantes, eso si, utilízannos

                         As Caixas en Galicia  estaban controladas polo PSOE e Feijoo,  que quere ter todo o poder;  quere quitarllas o PSOE, con elo vulnera o pacto entre PSOE e PP, que se repartiron o poder financeiro das caixas a nivel estatal, de  aí todo o lío.

4 comentarios

Castrelos con cachelos -

Acabo de ler unha entrevista do País a Feijóo e di: "A manifestación de Vigo recolleu exclusivamente un conflito interno do PSOE ", "á manifestación de Vigo soamente foron os empregados de Caixanova e os seus familiares".
Menudo Presidente temos!. Tamén di que a súa única preocupación é a crise,..., se xa se ve que o único que está facendo en Galicia é dividila, xerando máis paro, e promovendo un Xacobeo que a xuízo de Bugallo (alcalde de Santiago) faino dun xeito NEFASTO.
O Xerente que ten o Xacobeo é un crack, que ameaza ás empresas galegas que non lle dan o que quere con traer á súa competencia de fóra de Galicia,...,.
Ou sexa ameazan ás empresas nosas coas de fóra, e falan de defender Galicia?.
Feijóo é o peor presidente da democracia en Galicia e vainos a deixar o país como un solar...

Ronnie -

Feijoo es lo peor que le ha pasado a Galicia desde que hay democracia. Está destrozando todo como un jabalí desbocado. Todo lo hace para ser presidente del gobierno español. Que hablen bien de él en Madrid, eso es lo que le importa. Odia a Galicia y a todo lo gallego. Creo que esa desgracia va a acabar muy mal. Espero que así sea para que aprenda la lección.

Lavadores -

Que van a negociar os conselleiros de presidencia e a de facenda se xa está negociado polos concellos de admón das grandes Caixas??.
O Rueda e a srta. non teñen capacidade de xestión e preparación ao respecto, sempre crin que este goberno da Xunta era moito mellor, nada de nada sres.!!!
Do mesmo xeito que Rajoy non ten carisma de lider xa tiña que estar na Moncloa dada a situación do País, como non haxa renovación inmediata nin para dentro de 8 anos. Renovación de todas as Xuntas locais do PP xa!!, paso á mocidade preparada que estan pondo a zancadilla e así estamos o cal se traduce que estan traizoando a España. Pois o pobo pide a berros que se vaia Zp xa que está pasando fame e hai 5 millóns de desempregados.
Non obstante Caixanova non se vai de Vigo e non haberá fusión, pero non é porque o diga Abel Caballero, é porque a vila de Vigo é traballadora, Abel tampouco ten carisma está queimado políticamente do mesmo xeito que o Bng e o Psoe local. Osixenación e renovación democratica, políticos profesionais fora xa, a traballar todos.
Santi Domínguez e Chema Figueroa de onde sairon tantos cartos??

NFrob -

O FROB é unha agresión ás competencias autonómicas en materia de caixas. Non está pensado para resolver os problemas das caixas senón para recentralizar o poder económico, sobretodo en Madrid. As entidades grandes non están mellor que as pequenas. O que lle convén a Galicia (aos clientes, aos traballadores, ás empresas que piden créditos) en todos os sentidos é que se manteñan as dúas caixas. E se o goberno central quere axudar que pida solvencia a cambio das axudas, pero non fusións. As fusións non melloran nada, só poñen máis poder en menos mans, esas mans que cada vez mangonean máis desde a sombra. Con esas axudas ás fusións o que fai é ameazar ás entidades que están ben e non as queren, con competencia desleal das que por fusionarse dispoñen de diñeiro público para negociar. Se o FROB segue adiante, calquera solución será mala.
Feijoo quedará marcado como o presidente de Galicia que non recerreu o FROB en seguida ante o TC. Esta será a sua gran culpa.