Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O DO ZAPATO

O DO ZAPATO

 

                    Beiras será recordado como “o do zapatazo”, no tempo da súa solitaria travesía, cando nunha intervención no Parlamento, sacou un zapato e, golpeando con el o atril, dixo: “chámanme anano e quérenme esmagar”. Cando, como diría Sabina, o Bloque era o Bloque, e tiña tres Deputados no Parlamento de Galicia, todo parecía mais auténtico, era unha política mais crible. Non pretendo que se volva a  un pasado testimonial; pero algo se perdeu no camiño; o carácter asambleario, verdadeira seña de identidade do Bloque, xa non é o que era. O Bloque está evolucionando cara un partido político clásico, desto teñen moita culpa a UPG,  que é quen manexa  a  organización. O electorado  ten un sentimento de pais, de xeito algún se identifica coa UPG.

                      Beiras véxoo mais partidario dun BNG mais asembleario e plural e, aínda que pode ter unha formación marxista, non é un comunista homologable coa UPG, o seu é un marxismo académico e pragmático.

2 comentarios

Nemanco -

Efectivamente, todo un persoeiro. Unha mina para os mass media. As comparecencias de Xosé Manuel ante os medios non deixaban indiferente a ninguén. Ainda me lembro cando se preguntaba a propósito da construcción da residencia oficial de Monte Pío, quén se cría Fraga que era para construir un castelo-forte de semellante embergadura con foxo e dragón incluido...ja,ja,ja!!! Moito me teño rido con este home...Menudas ocorrencias tiña.

Recamán -

Ben pola lembranza de Beiras neste artigo!!!
A figura que sacou ao nacionalismo galego da súa situación de testimonialidade cara un papel de protagonismo.
Canta inxustiza se ten feito con este persoeiro!!