A GOLPE DE ENQUISA
Feijoo debátese entre segui-las enquisas e gobernar a golpe de enquisa, ou segui-lo seu mesiánico programa de aniquilamento. Xa son moitas horas de gobernar, e non vivi-la historia de cu e en permanente campaña electoral. Incluso, a estas alturas, segue votándolle a culpa da incapacidade do seu goberno o bipartito; se non subasta mais obra pública a culpa vótalla ó bipartito, aínda que non se esquece de Zapatero. A publicación dunha enquisa de intención de voto, segundo a que incrementa a súa cota de deputados en dous, a costa do PSOE, faime reflexionar, e admitir que é mais práctica a boa publicidade, que os feitos.
Sigo con moito intres todo o que di Beiras; pra min é un dos políticos mais importantes que ten Galicia; destacou na dictadura e, especialmente, na etapa democrática. Culto, que vai coa verdade por diante, aínda que dici-la verdade, moitas veces, lle ocasione problemas, porque non é o mais convinte politicamente; vemos tódolos días a políticos oportunistas e superficiais, mediocres personaxes, que din o que a xente quere oír. Beiras une a súa especial maneira de ser a de profesor universitario e erudito.
Estas son palabras súas:(de Beiras)
“Non hai Goberno. Sería un autoinsulto como cidadáns galegos dicir que hai un Goberno. Non existe, por primeira vez na historia da autonomía temos unha cousa que non é merecente de ser chamada Goberno. Só existe unha brigada de demolicións e de limpeza étnica. Ademais, non teñen lexitimación. Chegaron ao poder botando lixo por todas partes, intoxicando e creando unha campaña na que no se pararon en barras. Logo, aínda por riba, gañaron polos pelos. Se o bipartito conseguise fidelizar máis aos sectores pequenos, quizais non tan relevantes, pero máis conspicuamente comprometidos co proxecto político e non houbera a gran cantidade de votos brancos e nulos que houbo, o PP non gañaba as eleccións. Gañounas e leva un ano sen facer nada, o único que fai é destruír e violentar a seguridade xurídica. Cando se fai un concurso como foi o dos eólicos, que a pesar do que se diga se fixo cumprindo todas as normas e con cidadáns e con empresas que reciben unhas adxudicacións, ti non podes vir e cargarte o concurso porque queiras. O mesmo, aínda que en menor escala, pasou co Parador de Muxía. Non se lle pode chamar Goberno a iso, a non ser que pensemos que estamos gobernados por un grupo que vai en contra dos intereses da cidadanía. Están gobernando contra os cidadáns e, en especial, contra os cidadáns do común. A min non me oiredes nunca chamarlle Goberno ao que está en San Caetano”.
0 comentarios