Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SER E PARECELO

SER E PARECELO

 

                  Non solo hai que ser honrado, tamén hai que parecelo. Ruiz Miranda declarou que non pensa reintegra-los custos de viaxe, a  menos que llos reclame o Parlamento. Xa non fai falta mais; toda a literatura sobra, o personaxe definiuse así mesmo.

                    O Presidente lanza unha inintilexible recomendación, sen contido e sen destinatario certo; ós Grupos Parlamentarios semellan escandalizarse; unha hipocrisía colectiva; todo  se oculta, todos son cómplices, hai moito que agochar. Namentres o PPg acende o ventilador pra espallar merda por tódolos recunchos, esperando así esconde-las súas falcatruadas.. 

                    Os que vemos os acontecementos dende o outro lado vémonos na tentación de simplificar e meter a todos no mesmo saco; certo que se creou unha caste social, cunhas varas de medir distintas dos demais cidadáns, pero tamén temos que admitir que non todos son Mirandas.

                      A mesa do Parlamento tiña que poñer orde no caos económico da casa pra  evitalo  descrédito da Institución, pero nada se move, e cada vez vaise  facer mais difícil e crible limpalo lixo.

                    O PP quixo poñer en marcha o ventilador pra espallar o lixo dos Mirindas, e directamente acusou á Deputada socialista Mar Barcón de cobrar dietas coma Ruiz Miranda; tivo que demostrar, esa deputada, a falsidade das acusacións. Nade lle pediu perdón, sería o mesmo, porque o dano esta feito.

                      O Conselleiro de cultura adxudícalle, creo que por seis millos de euros, o plan de medios do Xacobeo o que foi voceiro de Aznar, Miguel Angel Rodrígez. Non foi a sociedade mais valorada na preselección, pero conta co apio da FAES, todo queda na casa. E á vista do procedemento non foi o mais honrado, nin o mais ético, pero nin sequera se quixeron garda-las aparencias, e os medios publicitarios galegos a rañala: pra eso estamos gobernados por un goberno de ocupación.

                         Aznar pode que sexa educado, eu teño as miñas dúbidas, e a peineta que lles fixo ós que o increpaban en Oviedo despexa  toda dúbida, así que non solo non o é, senón que nin garda as aparencias.     

7 comentarios

A.L -

Que o boten aos cans!!! Por chulo e por pijo. Este tío da noxo...e logo chamando ladróns aos Baltares....
Non te me achegues que me lixas, díxolle a tixola ao cazo...hai que foderse!!!
Devolve os cartos Miranda!!!

Jt10 -

Rodríguez Mirinda equivocouse de profesión. O seu é gañarse a vida de COPILOTO.
Par gañar 26.000 euros os currantes costanos dous anos de duro traballo,cartos que este señorito gaña solo por ir de copiloto do fillo de papi Baltar
...nin luis moya estaba tan ben pagado

Refoxo -

Sr. Miranda en la antigua Roma se decía: Mulier Caesaris non sufit suspecta etiam suspicione vacare debet- La mujer del Cesar no solo ha de ser honrada sino parecerlo”. Comulgue entonces con esta máxima, reflexione sobre su deber, discúlpese, si lo que denuncian es cierto y en ese caso deje paso a otro con mayor sentido de la responsabilidad y de lo que debe conllevar un cargo político, y no intente emular, ni en el pensamiento, a tantos Luises Roldánes, Carlos Navarros, Luises Oliverós, Aidas Álvarez , Migueles Molledos, Rafaeles Veras, Josés Barrionuevos; Rodríguez Colorados, y demás de babor y estribor, que por este desgraciado país han transitado.

Mediando el beneficio de la duda, siempre, pudiese ser que nos hallásemos ante la punta de un iceberg, investíguese a fondo, y establézcanse los mecanismos de control necesarios, transparentes, pero supervisados por organismos extraparlamentarios. El zorro no puede vigilar el gallinero.

Val Miñor -

Rodríguez Mirinda...ladroooooooonn!!!
Devolve o que roubaches, ou pensas que non te ían pillar, eh? Lambón...
Cecais o que non contabas é que te delatasen dende as túas propias filas, é por iso que a min non hai quen me convenza que o tema saíu dende dentro do propio PP como pago polo seu protagonismo no último congreso do partido en Ourense.
Ai Rodríguez Mirinda!!! Iso pásache por meterte en camisas de once varas. Co ben que estabas como Toñíto de Allariz, que era como te coñeciamos por aqui!!!
Ja,ja,ja....

Leborán -

Poderán discutir sobre a lingua, sobre a Lei de Caixas, sobre a crise, desemprego..e nunca estarán dacordo, pero sobre os soldos! iso que non os toquen!! E despois sáenos Feijóo, "o salvador de Galicia," dicindo que se austeridade que se contos chineses, que se van a conxelar os soldos pero despois doutra banda o que fan é aumentarse as primas, as dietas, plus, xubilacións, etc e a austeridade para a xente do común, como foi a eliminación da gratuidade dos libros, a reducción do gasto público en educación, sanidade, infraestruturas públicas, etc para iso toda a austeridade do mundo.

E bueno..non falemos desas promesas de Feijóo de que se él era presidente da Xunta en poucos meses ía reducir o desemprego en Galicia, acabar coa o crisis...ahora único que di é que desde a Xunta non se pode facer nada, que todo isto é culpa e competencia do Goberno Central. E entón para que queremos Xunta? para que ten a Xunta competencias en Traballo, Industria ou Economía?? se non pode facer nada, non sería mellor suprimilas?? así si que aforrariamos moitos millóns de euros en soldos nada austeros.

É que teñen un morro!!

Antonio G. -

Din que non hai cartos para nadie...minten!!! Deixádeme que vos conte...que o "Plan Remóvete" naceu coma plan estrela dun conselleiro novato, o empresario Javier Guerra, pero a estrela languideceu sen que anunciase o derradeiro destelo. O IGAPE, organismo público canalizador do Plan Remóvete de axudas pra mercar vehículos da Xunta de Galicia, non concedeu no mes de xaneiro ningunha subvención a particulares ou autónomos pra mercar un vehículo. As derradeiras axudas, coma recolle a páxina web do instituto económico, son do mes de decembro, sen que a Consellería de Economía e Industria anunciase a retirada de dito plan.

Entre o 1 e o 16 do último mes de 2009, o IGAPE concedeu máis de medio millar de subvencións a particulares e empresas –estas últimas verdadeiras destinatarias do plan galego– por cuantías que comprenden entre os 700 e os 1.500 €. Pero, despois do 16 de decembro, nada. Suxeito a sucesivas ampliacións, o Plan Remóvete foi largamente aplaudido pola Asociación Española de Fabricantes de Automóviles e Camiónss (Anfac), entre outros, xa que a súa posta en marcha logrou revertir unha caída de ventas que puxo ao sector da automoción galego en severo perigo.

Sr. Deputados, onde se meten os cartos?. Sr. Feijóo, esta é a austeridade?. Xa levan un ano y todo vai a pior!. Solucións e senón apliquense a mesma bara de medir que en Madrid!. Paso a outros, xa!.

Ricardinho -

Mimá!!! que medo de fotografía que escolleches!!!