ENQUISA DA SITUACION DO PP de Ourense
A enquisa que prantexamos sobre as consecuencias dos resultados do congreso do PP de Ourense evidencia unha polarización nas opinións. Penso, coma a exigua maioría, que as municipais van ser clave pra perfilar o futuro político de Ourense, en especial o de Baltar; sexa cal sexa o resultado das municipais hai que ter en conta que no congreso pesou, e oito, o feito de que Baltar pai teña o poder da Deputación; o que pon de releve que as Deputacións non son unha fonte de servicios, senón de poder; se alguén ten dúbidas chegaralle con ve-lo proceso que leva o presidente da Deputación de Pontevedra.
Aínda que un elevado número de enquisados opina que Baltar eliminará a linea oficial, digamos feixoniana, en Ourense, deben ter presente que no día de hoxe non existe PP fora de Feijoo. Non é casual que se rodeara de políticos de perfil baixo e aduladores do poder, co que se garantiza un liderazgo absoluto, sen que nade lle discuta o poder, nin as decisións de goberno, por moi desatinadas que sexan; aquí o intres xeral é o de un mesmo.
Eu vexo moi probable, como opinan moitos enquisados, en que a liña oficial se cargará o baltarismo, de feito, penso que a vinganza xa empezou, e unicamente se mantén unha tensa tregua pra non romper e perde-lo poder na Xunta.
Unha cousa é certa, a mais de lixar o inmenso ego de Feijoo, o congreso de Ourense foi unha patada nas parte nobres de Feijoo e os seus aduladores.
Non ven ó caso do tema, os comentaristas do artigo de onte, fan unhas reflexions moi fondas sobre este último ano de réximen de Feijoo, intentarei poñer un artigo de como vexo eu o tema, despois de ler estes comentarios; tamén non podemos deixar de lado que a súa peregrinación a Roma quizá se deba a purga-los pecados que leva cometidos neste ano de goberno. É singular o feito de que o Presidente dunha Autonomía lle vaia a render pleitesía o Papa.
6 comentarios
Insurxente -
Feijoo no Vaticano??
Ao tempo, pero seguro que chegaron ao acordo de suprimir o galego e recuperar a materia de Formacion do espiritu nacional...ja,ja.!!!
Balarés -
Para botar unhas risas sobre este feito pegade na barra do navegador a seguinte dirección e dádelle un intro:
http://blogs.lavozdegalicia.es/pintochinto/files/2010/03/tiracolor21.jpg
Castrelos con Cachelos -
Quero supoñer que tera aboado a viaxe do seu peto, porque protocolariamente non é ninguén, vamos digo eu.
Xa me amolaría o contrario!!!
Auria -
Sartalo -
Tartufo -
Hipocrisía en grao máximo : a Xunta agasalla ao Papa cun exemplar en galego do Códice Calixtino. Esta edición, feita polo bipartito, foi duramente criticada polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o cal ameazou con non pagala e denunciar o seu custo. E agora o presidente presume e gábase da elección do agasallo. Hai que ler de novo o Tartufo de Molière