TIRÓN DE ORELLAS
A historia das caixas é unha historia sen final, o ninguneo do Goberno Central ós negociadores da Xunta, uniuse o freo a Feijoo que lle puxo Rajoy; aínda que non podemos esquecer as verbas de Cospedal, dicindo que as caixas tiñan que ser dirixidas dende Madrid, e que a política do PP é a mesma aquí e en Madrid, co que deixou a Feijoo coas cartas ó descuberto.
As Caixas van a ir pra fora, fusionadas entre si, como pretendía Feijoo, ou cada unha polo seu lado, pero sen que a Galicia se lle indemnice pola súa perda. Os aforros de tantos anos, peseta a peseta, que nosos avós depositaron, as ilusións dun pobo, os edificios que ocupan, as coleccións de arte que con tanto mimo se xuntaron; todo voará. Perderemos un pouco mais do noso ser, falaremos menos galego e mais inglés, quizá algo de castelán, gracias a Gloria Lago, seremos obxecto de chascarrillos, estereotipos e burlas a cargo de Rosa Díaz; a nosa autoestima será cada vez peor; non nos resignemos, !vivamos como galegos!.
Os dous Conselleiros que foron a Madrid negocia-la Lei de Caixas demostraron ser uns ignorantes na materia. Zarrías xogou con eles coma podía xogar cun rato un gato sen fame, non era unha negociación era unha triste parodia, unha tomadura de pelo e un menosprezo a un pobo que lle fixeron a dous incompetentes.
A vergoña mais grande pra eles, se tiveran vergoña e sentido do ridículo, tivo que ser cando pediron que fora igual a Lei Andaluza; déronlles unha copia exacta e decatáronse que non valía pros intres de Feijoo. Eles descoñecían a Lei andaluza; solo coñecían da Lei Andaluza o que lles dixera o Campión, que o mellor sabía ler, pero que se demostro que non a entendía.
O mesmo que lle pasará a moitos, o das Caixas cada vez o entendo menos. Parto da base de que a intención da fusión das Caixas galegas non é a mesma, a que ten o Bloque, e a que ten Feijoo; mentres o Bloque ve a fusión como a oportunidade pra crear un grupo financeiro galego, no que se apoie o desenrolo do pais, Feijoo veno como a oportunidade de quitarlle un instrumento ó PSOE, e poñer nas mans do PP os aforros galegos e manexalos dende Caja Madrid.
Montoro, responsable económico do PP, vistas as dificultades da fusión e que Feijoo no se fai coas Caixas, léelle a cartilla, en plan doméstico, e retoma o discurso da centralización e reparto dos aforros.
Feijoo traga o que sexa, ero quere vingarse do Director de Caixa Nova por facerlle fronte e non ceder os seus desexos. Quere, se non lle confiren facultades pra votalo, que o fagan dende Madrid.
0 comentarios