TU INVITAS E EU PAGO
Algo así, foi a viaxe de Feijoo ó Vaticano. Feijoo non cumpriu o trato, o seu, era ir no séquito do Arcebispo, de paquete, portarse como membro do séquito, o que supoñía non simular ser a estrela da viaxe, e paga-las constas.
Feijoo tiña o seu proxecto segredo e consistía en converte-lo acto nunha visita de Estadista e apuntarse o éxito de lograr que o Papa visitara Galicia. A cantada de Feijoo está na súa liña de propaganda, o que pasa é que todo lle saíu mal, ó Arcebispo sentoulle mal que Feijoo non respetara o acordo, previo á viaxe, e se quixera apunta-lo tanto da visita do Papa.
Zapatero, a Vicepresidenta, o Ministro de Exteriores, o Embaixador e o mesmo Arcebispo xestionaron a visita do Papa co obxecto de bendicir a inauguración da catedral da Sagrada Familia e deixarse ver polo Xacobeo; Feijoo viu a posibilidade de apuntarse a xestión e facerse a foto; pediulle ó Arcebispo que o deixara acompañar, a cambio facíase cargo dos gastos da viaxe. A Santa Sede confirmara, fai uns días, a viaxe, cousa que ignoraba Feijoo, por eso quixo apuntarse o tanto. Hai quen di que a foto é trucada; pero é o mesmo, Feijoo que se apunta a un bombardeo, con tal de figurar, non rebelou nada novo, como sempre, actuou e mentiu.
En Mirás de Abaixo, dous parroquians leían ó Xornal na cantina e un deles preguntáballe o seu contertulio quén era o de branco que estaba na foto con Feijoo. Pra que digan que Feijoo no é coñecido. xa vedes.
En lugar de andar buscando figurar, si se dedicara a gobernar mellor nos iría, si ben pra artellar un xacobeo hai que ter mais que serren na cabeza, non seria capaz.
6 comentarios
Daniel -
Noise -
Vaia rostro!, os PPeros e a súa dobre moral! :D, berreando por rúas a favor da familia e en contra do aborto e logo preséntanse ante o mismísimo Benedicto coas súas noivas... Meu Deus, a onde imos parar!
O máis gracioso é que na foto, a noiva de Feijoo leva un crucifixo que ríete ti da "Cruz del Valle de los Caídos", a pobre señora debeu de acabar cunha luxación de colo.
Onde a volveremos ver?? nunha clínica abortiva??, asinando no rexistro de parellas de feito??
Nooooon, de seguro que a veremos por ahí criticando que se ensine en galego nas aulas e platicando a favor dos dereitos do nasciturus e dos valores familiares...
PepeSilgar -
Egs21 -
Hai que ler de novo o Tartufo de Molière.
Marcompos -
Cati -
nin que fora o presidente do goberno! son realmente necesarios tantas viaxes? isto é compatible coa austeridade? e o da "noiva" quen o paga?