Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON FOI UN MARTES CALQUERA

NON FOI UN MARTES CALQUERA

 

                       Foi o pasado martes, non foi outro martes, cando o Delegado de Xénova pronuncia un discurso co que se encetaba o debate sobre o estado da autonomía no Pazo do Hórreo. Varias cousas me chamaron a atención: en primeiro lugar a escasa atención que lle adicaron os medios de comunicación nacional, en segundo lugar a nula expectación na Tribuna durante o discurso do Presidente. Ó longo do tedioso discurso repetíase coas  promesas xa feitas en campaña electoral, das que non cumpriu ningunha, e gabábase de haber recuperado a harmonía social coa política lingüística, afimando que o seu era un galeguismo do século XXI, fronte as concepcións trasnoitadas dos devanceiros, asegurando que o seu contrato con Galicia seguía vixente; todas estas parvadas esvaraban na sufrida oposición e non se vía reacción algunha; entón foi cando fixo unha cita literal de Castelao en castelán; aquelo foi como un lostrego que sacudiu ó foro adormecio. Foron mais importantes os seus silencios que as súas promesas, que á forza de repetilas, e non cumprilas, xa cansan e nade as cree nin lles fai caso. O discurso, na interpretación, foi un calco o estilo aznarista, notándose  a man de FAES, pero sobretodo comportouse fiel o seu estilo de chulo e provocador, como na cita de Castelao.

                        Ó longo dos vindeiros días faremos un repaso do que deu de si, pero a vosa opinión é moi importante.

3 comentarios

Mari Luz -

Andades algo mal acostumados. Os tempos das liortas entre Fraga e Beiras xa quedan moi atrás. Agora toca conformarse con estes políticos burócratas grises coma os seus traxes. Un verdadeiro aburrimento...

Antonio Cendán -

Os vellos comentaristas deportivos definían os partidos de fútbol que eran malos de solemnidade coma insulsos e faltos de respectabilidade para o público.
Algo semellante lle vén de ocorrer ao último debate sobre o estado da Autonomía. Consumíronse inutilmente dous días nos que faltaron propostas concretas e lles sobraron florituras e brindes ao sol, algo do que imos sobrados os galegos.

Nemancos -

Eu penso que o brillo de Feijoo pouco a pouco vaise esmorecendo. Ao primeiro moito prometer e moita leria, pero gobernar non é o mismo.
Totalmente dacordo en que o debate do estado da Autonomía pasou totalmente desapercibido este ano. Ben podían telo aforrado.