UN REVOLTO
Coñecín a un gaiteiro que solo sabía tocar unha peza, que comezaba así: “pola ponte non vou, polo río non pasa...”, seguía con engadidos doutras pezas, de tal xeito que nunha atacada daquela, podían convivir mais de media ducia de pezas distintas. Eu. tamén, hoxe vou facer algo parecido; de entrada, a enquisa non a puiden descolgar, quixestes que gañara : Ineficacia, ineficiencia, vinganza - 16 votos - 35,56%, en segundo termo: Non fixo nada do prometido - 12 votos - 26,67%. Aínda que case todas agocha algo de certeza, sobresae os eu carácter vingativo; de eso hai xente que pode dar fe delo, porque sufriu na súa persoa a vinganza deste singular personaxe; os casos mais coñecidos son o do Presidente de Caixa Nova, que gracias o seu primo zumosol, deulle a Feijoo nos fociños, tamén Baltar xa sente que a vinganza está preto, de aí, as súas derivas; que dicir dos moitos profesionais, que na Administración sufriron o cese fulminante nos seus destinos. A destrucción sistemática, neste ano de réxime, de todo o feito polo Bipartito, responde a este comportamento vingativo. Non son quén de valora-los comportamentos humanos, xa que carezo da formación suficiente, mais é de todos coñecido, que a vinganza, como comportamento dominante, é típica de seres mediocres; pode que neso estea a resposta de moitas cousas.
Coa desculpa de recadar fondos para Haití, estivo non acto no que aproveitou pra poñer verde ó bipartito, que é unha obsesión que ten; un vídeo do acto foi colgado en internet, pero gracias ás presións foi retirado, se o queres ver, descargalo de: http://www.mediafire.com/?fjyldk1q4uj.
Non todo ían ser malas novas. !Albricia!, Touriño incorpórase ó Consello Consultivo. Non sei que fará alí, algo é seguro: 70.000 euros mais ó ano, compatibles con todo, pro seu peto.
Asinade no libro de visitas, así sabemos donde sodes. Unha amiga dime que entran xentes de toda América e Europa
8 comentarios
Jonsas -
De Cantelo -
Anónimo -
Lanús -
Vincios -
Antonio Cendán -
Acarondosil -
a cabra do saviñao -