Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MAIS LUZ

MAIS LUZ

 

            A  veces danse situacións realmente kafkianas, como a que se deu o outro día no Parlamento Galego a propósito de unha proposición non de Lei do BNG. A razón que deu o voceiro parlamentario do PP pra non apoiar a proposición retrata o verdadeiro ser do PP. Segundo o voceiro do PP, non apoio a proposición simplemente porque a formulaba o BNG. Si xa esto, de por si, nos sorprende pola solidez e singularidade dos argumentos do PP; as perlas que foi soltando ó largo do debate son de nota. Segundo o singular e ilustrado parlamentario do PP, durante o goberno do bipartito o BNG perseguiu a cultura en castelán  e  agora con eles había mais luz.

            Venlles de vello a querencia pola cultura, no idioma que sexa; xa o dicía aquel militar en Salamanca, co que tanto se identifican sectores do PP, “muera la cultura”.

            Incluso pode que o PP trouxera mais luz á cultura, como dicía o voceiro do PP, espero que esa luz non sexa froito das fogueiras de libros.

            Aínda que é un feito separado; as enquisas dan que o retroceso do galego foi dun 15% nos derradeiros cinco anos, que coincide, segundo a organización de extrema dereita: Galicia Monolingüe, con esa persecución do  castelán.

            Algúns políticos radicais menten tanto como falan.

            Na última enquisa sobre a intervención do valedor do Pobo no Parlamento, os  blogueiros decantáronse, na maioría, por considera-la intervención pouco respectuosa coa oposición. O que non debía ser normal, nin siquera ser motivo de pregunta, como é o tema do galego, ocupan demasiada paixóns. Aí tedes senón o Conselleiro de educación, que o medio da crise gástase un millón de euros en promociona-lo Decreto do galego e xa está pensando en facer outra enquisa entre os pais, que espera que lle sexa mais favorable que a anterior. O remate, por aburrimento, vai consegui-lo que pretende. É un teimoso. 

 

4 comentarios

Anónimo -

De sempre, a cultura foi sospeitosa para a dereita española, por supor unha ameaza ao poder existente, chegando ao máximo nivel nos escuros anos do franquismo.
Algúns mesmo semella que non perderon aquelas tenebrosas facultades coa chegada de etapa democrática

Leborán -

Pois eu non tivera noticia desta intervención no Parlamento galego da que fala o autor, pero coñecendo o nivel dalgún dos deputados no noso país a verdade é que non me extrañan nada estas declaracións.
Un día poderiamos falar da irrelevancia da Cámara galega e do pouco nivel que teñen moito dos que alí se sentan (presuntamente a representar o pobo galego, eu mesmo penso que algúns tan só se representan a eles mesmos).
Un "parlamentiño de cartón" como diría o añorado Beiras.

Pedreira -

É evidente que para campañas mediáticas cociñadas a prol da liña ideolóxica destes fascistas non hai crise.
máis enquisas no blog, por favor!!!

Verderoll -

Que diferencia entre Galicia y Catalunya no tema da cultura. Mentres que alí teñen este eido como un elemento a manter e conservar (curiosa a paixón dos cataláns polos libros, explicitada ao máximo na celebración do día da Sant Jordi), en Galicia os libros mesmo semella que sobran...se xa por riba, están escritos en galego (esa lingua rara,rara,rara...a eliminar!!), xa non che digo.
Que pena de país este!!!