DIFICIL DE ENTENDER
Fai poucos días o PP, que fai como Zapatero, cada día fala dun plan de aforro, ou crítica de goberno, con proxectos indefinidos, falou dun plan de aforro, nesta caso explícito, no que propoñía o recorte da campaña electoral; pois ben, nun exercicio de congruencia coa proposta, xa está colgando carteis con propaganda pras vindeiras municipais de dentro dun ano.
Por fin, cansos de vaguidades, o PP vai presentar no Senado un Plan de reducción do déficit, no que se contempla a supresión de catro Ministerios. Eu apúntome á proposta e penso que van polo único camiño válido; nembargantes póñolle a obxección de que o adelgazamento da Administración que propón PP non é rigoroso é, mais ben, político. Da a impresión que fai a proposta co único afán de incomodar ó PSOE. Non trata das Autonomías, das Deputacións, dos Concellos das empresas públicas e das institucións de representación.
3 comentarios
Anónimo -
PepeSilgar -
Resulta curioso que mentres a Merkel ameaza cun durísimo programa de recortes, alá...nunha esquiniña de Europa...Super-Feijoó ergue a súa voz para anunciar unha inversión que nos saque deste marasmo económico.
Ordiá!!! dirán os alemáns...e este tío quen é???
Pois é o que vai facer que Galicia paseo por riba dos teutóns e se mexe nos seus pantalóns!!!
E digo eu, estes politiquiños de aldea con aires de estadista, creerán as súas ensoñacións??
Sartalo -
Eu teño que dicir, que me parece algo egoista, pero eu no seu caso faría o mesmo.
A mágoa é que ao final nos terminará salpicando a todos!!!