PUNTEIROS
En Galicia case somos punteiros: non en desenrolo, nin nesas gaitas; case somos punteiros en endebedamento. A Xunta ten que abonar case trescentos millóns de euros ó ano no capítulo de débeda. Non se lle pode vota-la culpa deste brutal endebedamento solo a Feijoo. En aras a austeridade de predica Feijoo e a súa promesa de alivia-la carga fiscal, era de esperar que non incrementara a débeda. Os gobernos que precederon ó actual Presidente recorreron con demasiada alegría a ese sistema de financiación, polo que os nosos alicerces financeiros non son nada sans.
Cando Feijoo tomou posesión, a emisión de débeda foi unha das súas primeiras medidas de goberno. Estando nunha situación de Tesourería tan feble, non parece que fora a medida mais acertada. A finalidade do endebedamento non foi efectuar un investimento, senón dar subvencións e pagar favores, co que se fai mais incomprensible esa medida de goberno. Nembargantes o disparate meirande é a Cidade da Cultura.
Os disparates non paran aí; o home de Finisterre, o estadista das terras de Brigantium ten pensado emitir mil millóns de euros ó ano en débeda. O importante xa non é pra qué, senón esa teima en nadar contra corrente. Cando se urxe unha reducción do déficit, decide entramparse mais e incrementa-lo déficit. Si con ese disparate pretende amolar a Zapatero e se-la punta de lanza do PP contra Zapatero, o que esta facendo é asulugarnos cunha monumental débeda, hipotecando o futuro do pais.
Os concellos, non todos, teñen unha débeda monstruosa. Din que si se aplica a mesma rigorosidade orzamentaria de Grecia, un 80% dos axuntamentos terían que desaparecer.
As Deputacións de Ourense e Pontevedra, ambas gobernadas polo PP, teñen unha elevada carga de débeda. Non me estraña. A xestión de ambas, repartindo subvencións e ganando vontades, con fines estrictamente partidarios, lévanos a onde estamos.
2 comentarios
Puxeiros -
Bertola -