Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O ARIETE DE MADRID

O ARIETE DE MADRID

           Feijoo, seguindo ordes de Xénova, retirouse na pasada lexislatura da Comisión de reforma do Estatuto. Daquela argumentaba cuestións insubstanciais pra retirarse, rematando por atopa-la oportunidade de rompe-la baralla cun suposto desacordo co texto proposto. Si un desacordo é motivo de face-la espantada, xa podemos dar por rotas as negociacións porque o que Alberte propón, seguindo ordes de Xénova, é unha adhesión, así que se repetirá a historia.

         O que o PP pretende é co Estatuto Galego sexa ó límite pra outras reformas que poidan xurdir. Un tapón. De aí ese repentino intres de Feijoo polo Estatuto.

0 comentarios