Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A MESMA BARALLA

A MESMA BARALLA

            Prece que no xogamos todos coa mesma baralla. O Presidente da Comunidade Murciana, do PP, dixo que en Murcia non se aplicaría a Lei do Aborto; o PSOE, con razón queríano queimar na fogueira dos infieis por negarse a aplicar unha Lei.

            Montilla tamén fai o mesmo e promove unha manifestación, contra do que consideran unha aldraxe a Cataluña. A apropiación de Cataluña, como facía Puyol, e da bandeira catalana, tráenos unha lembranza do extremismo españolista. Conclusión os extremos son iguais.  

            No caso de Montilla nade do PSOE dixo nada. Debe ser que xogan con distinta baralla.

            Solo neste pais de pandeireta os representantes públicos se permiten publicitar estas actitudes contra dunha Lei.. Si non se toman medidas drásticas esto vaise a desmadrar; seguindo estes exemplos, cando unha lei non nos guste, non a cumpriremos.

            Os cargos públicos que boicoteen a aplicación das leises deben ser inhabilitados; o cal sería de aplicación a casos de cargos públicos que, sen manifesta-lo, obstaculicen a aplicación dunha lei.

 

0 comentarios