QUE TREME BRUXELAS
O chamado decreto doo carbón é unha negra nube no horizonte da economía galega. Non vexo que teña moitas solucións; tampouco se buscaron. Agra cando se está pendente do informe de Bruxelas, a Xunta bosteza e ameaza a Madrid e a Bruxelas con interpor unha querela.
Despois de que pasara un ano dende que a Xunta tivo oportunidade de formular alegacións no proxecto da norma, asombra que sexa agora, fora de tempo, cando a Xunta parece interesarse polo asunto.
Os procedementos pra elaboración de normas de caracter xeral ten uns vieiros marcados; fora do procedemento, como é o caso do que fai agora a Xunta, solo pode ter unha explicación, é unha actuación pro consumo interno da súa parroquia, sendo cómplice e participe desta feitoría.
Como está Bruxelas, polo control do co2, o desenlace está cantado.
O Presidente, deberá preocuparse mais por Galicia, e menos pola súa promoción persoal por España adiante.
No parlamento de Madrid o PP apoiou a normativa do carbón, sabendo como anda Feijoo cos pantalóns, cando se trata de Xénova, o asunto produce hilaridade.
0 comentarios