DIA DA PATRIA GALEGA
Non e un día festivo calquera o 25 de xullo, é a autoafirmación da nosa identidade, da nosa conciencia de pobo con identidade propia.
O día 25 de xullo non ten un significado unívoco; pral algúns é o día de Galicia; pero aínda hai quen esta definición a ve como demasiado reivindicativa, transgresora dunha concepción imperial, na que aínda viven. Celebran unha misa pra purificarse e recibir, sen complexos, as racións d empanada e polbo. Ese é o concepto que teñen de Galicia, a Galicia vista dende dentro dunha sotana, con empanada gratis e polbo, ó que se lle engade uns polbos de adormecemento, amenizado cunha pandeireta.
Celebrar o día de Galicia, cun acto floral, nun lugar afastado, intentando facer o mínimo ruído; como si se avergoñaran de ser galegos, é un xeito de exteriorizar un sentimento de inferioridade que veu calando na conciencia dun pobo derrotado.
Outros, sen complexos, no corazón de Galicia, co que queren deixar claro que levan a Galicia no corazón, celebran o día da Patria Galega.
A vergoña, a timidez, os sentimentos reprimidos, o desprezo do propio, son froito de longos períodos de represión política e colonización cultural, que nos levan a esta visión do noso pais, así, lonxe de sentirnos orgullosos de ser galegos, sentimos vergonza de selo.
0 comentarios