Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NOVO ADIAMENTO

NOVO ADIAMENTO

 

 

               No Consello Fiscal do pasado decembro, Estado e Comunidades Autónoma fixaron uns prazos de devolución dos anticipos percibidos.

               Feijoo  convocou plenos no Parlamento, axitou á masas, publicou campañas nos medios de comunicación, especialmente nos afíns. Na petición de adiamento do anticipo solo foi secundado por Castela-León e por Murcia. Estas dúas comunidades, gobernadas polo PP, destacan, xunto con Galicia, pola súa belixerancia, contra do PSOE. O Presidente convidado ó Xacobeo, imaxínome que por cortesía, apoiouno.

               Feijoo asentiu no adiamento xa aprobado en decembro, consentiu nun sistema de financiación lesivo pra Galicia, porque llo ordenou Xénova. A devolución do anticipo é un pao gordo, pero choca coa súa política fiscal e orzamentaria. ¿ Qué se trae entre mans este conspirador?.

.                                                                            

0 comentarios