Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

INFORMACION TRANSPARENTE

INFORMACION TRANSPARENTE

 

            O voceiro do PP  Rodríguez Miranda, cun sorriso, que no sei como interpretala,  votoulle un capote os medios de comunicación propios, especialmente a tvg, tan criticada pola súa opacidade e tendenciosidade informativa, especialmente no tema dos incendios.

            Segundo Rodríguez Mirnda, agora non hai censura como cando gobernaba o bipartito, agora hai liberdade informativa. O PSOE tiña que arrima.lo ombro e deixar de criticar. O malo  do carro é que sequera ten rodas.

             Había que recordarlle a Rodríguez Miranda o que fixeron eles, sobre todo creando asociacións ecoloxistas, que non tiñan outra función que acosar ó goberno.

            Xúrovos por snupy que as festas do viño non    condicionan  as críticas., mais ben hai unha consigna do PP pra   atacar e repartir mandobles a eito

              A TVG non pode dar unha información veraz e independente; porque dende o seu director, á maioría dos empregados, responden a un perfil político,  son persoas  de partido antes que traballadores da información. A labor da TVG é controlada é manipulada, non solo dende a  Consellería  da Presidencia, senón internamente pola multitude de empregados do Ente, que actúan como comisarios políticos do PP. É chamativo que o Presidente da Xunta ocupe o 78% das emisións de contido político, que en moitos casos se oculte información sobre a oposición, e cando se da, fan cortes, pegan frases, introducen imaxes, pra darlle un sentido disinto á información e manipulala en intres do goberno.

                 En vista da pouca utilidade publica e do partidismo do Ente, débese prantexar, seriamente, a    supresión da TVG, ou a súa reestructuración e                  reducción de persoal, prescindindo do persoal de dependencia ideolóxica, aínda que esto sería difícil.  Como mostra un botón: a OPE está paralizada porque o PP pretende consolidar  a todo o persoal que enchufou Feijoo.

                 A manipulación informativa deterrmina unha notable baixada dos índices audiencia. A xente busca noutros medios unha información mais  fiable.

 

 

2 comentarios

Lorcho -

Veremos quen é o guapo de poñer orde nesa casa, que leva xa tantos anos sendo fonte de escándalos e cova de ladróns. Tamén teñen bos profesionais e xente que lle gusta o seu traballo, pero a maioría dos que están por riba deles son uns trepas que non teñen nin idea por onde lles ven o aire

Bregua -

En realidade a telegaita creouse para fomentar e normativizar o uso do galego. Xa que o actual galego pretende todo o contrario (sobre o galego, me refiro) semella que o máis lóxico e suprimila e asunto solucionado. Casaría ben coa imaxe que pretenden vender dende San Caetano: Feijoó "el austero".
Pero claro, cantas paparotas se perderian, e cantos enchufes estragados. Millor non, deixómolo ir...