MORTE POR ESGANAMENTO
Galiza, salvo Feijoo, que non é deste mundo, láianse da morte dun medio de comunicación en galego. Por moito tempo, A NOSA TERRA, foi un facho na escuridade, que daba luz na nosa cultura, cando escribir en galego era un desafío, polo que foi, xunto con GRIAL, unha publicación pioneira.
As publicacións, dunha natureza similar á NOSA TERRA, non teñen doado sobrevivir sen axuda do goberno. Feijoo dende un principio vetou ás axudas a estas publicacións e volcouse con medios de comunicación poderosos, que o podía apoiar na súa política de arrasamento e asalto ó poder.
A NOSA TERRA, ademais dun poder político hostil, tamén sufriu, como empresa, as restriccións do crédito. Entre todos a esganaron e nesa política benefactora de Feijoo, na que se reparten cartos en subvencións, en función da afinidade política, ou beneficio a obter, e negocios coa súa política de privatización do público; diríxese a información pra que os galegos pensen que viven nun mundo de fantasía. Prohíbese o ensino na lingua propia, dicindo que se ampara a liberdade, abandonase o agro, pra que os labregos se entreguen ós caciques.
Temos que ver como outros escriben a nosa historia, A NOSA TERRA xa a silenciaron. Augúrolles a outros medios unha difícil singradura polos procelosos mares da liberdade. O fouciño do poder axexa.
1 comentario
pitaazul -
De risa... Eses que fixeron todo o posible para destruir o idioma agora fan a pantomima de apoiar o galego... ja, ja, ja