PERVERSION
Unha inteprrupción, e logo volvemos critica-lo goberno
Nunca comprendín moi ben o da ofrenda ó apostol, pero o do mitin que deu Rajoy, na misa do peregrino, coa asistencia da florinata do PP, pareceume surrealista; que a política se confunda coa relixión e se solte un mitin ós asistentes á misa é unha pasada. O acto recordoume os sermóns que se pronunciaban no réxime de Franco; cando dende ós púlpitos se facía política e se levaba baixo palio ó causante de tantos asasinatos e principal artífice da guerra civil. Rajoy quere facer do apostol Santiago un seareiro do PP. Insuperable.
0 comentarios