Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DESCREIDOS

DESCREIDOS

 

 

         Xa o dixo Feijoo, con esa interpretación teatral tan característica, a visita  do PAPA non vai custar cartos, vaise a autofinanciar . Estaba eu preocupado con ese orzamento especial que a Xunta dixo que ía destinar á visita do PAPA, porque se ocultaban gastos que vai orixina-la visita. Con oportunidade, Feijoo adiantouse a calquera dúbida, a viaxe do PAPA non nos  vai  custar un euro,. Din eso e o mesmo tempo afirman descoñecer cales serán os gastos reais, que se pensa  van pasar dos catro millóns de euros presupostados . Eso é Fe, o demais son  gaitas.

           Agora xa vexo tamén mais claro a supresión da noite bus, que o PPg vía imprescindible cando estaba na oposición. O goberno  de Feijoo é austero. O bus das noites de marcha é un despilfarro pra un servicio que non se vai autofinanciar, ademais, é dubidosa a fidelidade desa xente o PPg. Os retoños do PPg teñen transporte propio.

            Galiza, que pertence a un estado que se di aconfesional, gasta, en profesores de relixión, 40 millóns de euros. Antóxaseme que non garda relación esa cantidade cos recortes en servicios sociais, nin no ensino público. É evidente que estamos ante unha austeridade selectiva. A negativa da Xunta a facilitar a estimación do gasto da viaxe papal, non  é mais que a consecuencia da ineptitude da Xunta.

 

4 comentarios

Jt10 -

Feijoo, austero no, EMBUSTEIRO

Moito conto coa austeridade, mentres o papa, o ensino en español,as empresas dos amigos,telefeixoo,plus dos altos cargos,citroen seguen a chupar do bote...

Fendetestas -

Traer ao Papa durante 8 horas fai un mes: 4 mill. de EUR

Traer ao Papa durante 8 horas fai duas semanas: 3 mill. de EUR.

Traer ao Papa durante 8 horas a día de hoxe: Autofinanciable.

Suprimir Noitebuses, liñas de tren, comedores escolares por falta de orzamento (o resto non os pagan), comprar Citröens, cadeiras de 500 EUR, sobrecostes de autovías..... NON TEN PRECIO

Para todo o demáis: FreijolitoCard.

Ventureiro -

Ala vai unha poesía que lin nun xornal de tirada nacional para burlarse de Freijolito e os seus devaneos coa curia vaticana para traer a Ratzinger Z a Galicia:

"La fotiña vaticana".

Los presidentes peperos

descubrieron el filón

para utilizar senderos,

que a Roma llevan certeros,

sin decir su condición.

Si a Camps le llevó el Bigotes

sin que le costara un chavo,

¿por qué no entrar en los lotes

del séquito cazadotes

del obispo de Santiago?

Poco importa que el prelado

comunicara, al final,

desleal e indelicado,

que jamás fuera invitado

por la alta Curia papal.

Fue a Roma como comparsa

de una murga clerical,

aderezando la salsa

de una colaboradora falsa:

su compañera oficial.

Así consiguió el beato,

que su ambición nos destapa,

hacerse con el retrato

que lanzará al estrellato

a la Chiny, a él y al Papa.

Anónimo -

Como non vai ser un bo negocio a visita do Papa a Galicia, si os cartos ponos o goberno e os beneficios levanos os amiguiños de Feijoo.

É a fórmula perfecta do capitalismo. Socio capitalista: Xunta. Beneficiarios da inversión: a igrexa e os amiguiños da alma.

A pregunta é: ¿Volve o capital invertido alomenos na súa mesma cuantía ás arcas da Xunta?. Entonces non é que sexa un bo negocio, é un pelotazo.