UNHA COVEIRA
En infraestructuras, esa area do desgoberno freixoniano manexada polo club de Pontevedra, ven intencionalidade política nas alegacións de concellos, asociacións, etc, ó plan de ordenación do territorio.
Xa teñen substituta pra cesada directora xeral de infraestructuras; alguén que, pese a súa polémica xestión no posto que viña desempeñando, é unha garantía de que a política anterior, pese o cambio de titular, ten garantido a continuidade do proxecto, xa que a súa fidelidade á política de Feijoo está probada.
A vía da Costa da Morte queda en suspenso. O subrecusto de 395 millóns de euros. O mellor xa estaban noutra man.
Houbo un conselleiro que cobraba o 4% ós adxudicatarios pra financiación do partido; foi cesado cando engadiu unha parte pra si.
Con todo, non importa o atraso, o conselleiro Hernández xa repartiu abelorios e aloumiños entre os alcaldes da zona.
0 comentarios