Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PIDO AXUDA

PIDO AXUDA

            O anuncio da Xunta de que vai incrementa-la participación en Reganosa deixoume descolocado. A comparecencia do conselleiro de Industria, coñecido deslocalizador da producción industrial e antigaleguista  notorio, preséntanos, xunto con Feijoo o incremento da participación en Reganosa como un feito excelso de galeguismo é unha imaxe moi forte. Vendo estes dous personaxes  vestir este  feito de galeguismo xa produce arrepíos, pero a  miña dúbida era determinar quén dos dous tiña mais cara, quédeme coa dúbida.

            Reganosa é deficitaria é xa leva a Xunta, dende a época de Fraga, metendo cartos nela. Si a Xunta mete cartos nela é porque non é atractiva pra empresa privada, cartos que se detraen dos servicios públicos.Si se quere facer un galeguismo industrial, por qué se abondou Sargadelos, emblema do galeguismo; por qué se deixou que R pasara o dominio estranxeiro, sendo unha empresa moi rendible e punteira en tecnoloxía. 

            Reganosa contribúe, cos verquidos,  o deterioro da ría de Ferrol. Feijoo debía sanea-la ría e facernos menos gilipollas.

1 comentario

Currumeiro -

Calquera que lle preguntes na bisbarra de Ferrol sobre REGANOSA votará lume pola boca. É incrible que os depósitos estén no interior dunha ría tan poboada...e ao mismo tempo tan abandonada.
Pobre de nos que pase unha desgraza...