MISÓXENOS
O ideario fascista concibe á muller como o descanso do guerrero, sendo a súa función esencial a procreación.
Na Xunta de Feijoo quérese dar un verniz de modernidade a esa idea e non se fala coa mesma linguaxe do clásico fascismo; pero a concepción do papel da muller na sociedade muda pouco. O papel de ariete e de cargar coa responsabilidade da mala xestión do goberno recae sobre as mulleres; entrementres os baróns manexan e tutelan tódalas accións das mulleres con cargos no partido.
Á Conselleira de Facenda é tutelada e guiada por Rueda, con moi pouca fortuna, nas súas viaxes a Madrid; tutela que tamén se aprecia noutras conselleiras; pero é nos cargos considerados de segundo nivel, onde o papel concibido pras mulleres se fai mais visible. En infraestructuras responsabilizase do meirande fiasco da Consellería, e teñen moitos, a unha Directora Xeral; do mesmo xeito en Cultura paga a desfeita da chamada cidade da Cultura unha muller; en ambos casos deberan ser cesados os Conselleiros; pero non, utilizaron unhas mulleres pra agocharse tras as súas saias.
Nas xa famosas probas selectivas, premiase a un presidente dun tribunal, masculino, con múltiples e probadas irregularidades, nomeándoo pra un alto cargo por Feijoo, mentres se cesa a responsable, muller, das probas no Sergas.
A que chaman cidade da cultura, ese sumidoiro de cartos, ese lugar de incultura e corrupción, xa ten directora; así cando asome outro escándalo Feijoo xa ten a quen votarlle a culpa.
Non se trata de bendici-las extravagancias de Zapatero, pero dereitos elementais que as mulleres acadaran, son ignorados na Xunta; e organizacións ultras son promocionadas pra que axuden a colocar ás mulleres no lugar asignado na etapa predemocrática, ó mais estilo das ideoloxías fascistas do século pasado.
0 comentarios