XESTION AVANZADA
Nade pode dubidar de que Feijoo leva unha xestión avanzada da cousa pública; en dous anos de goberno incrementou a débeda da Comunidade nun 70%. Non é solo este incremento de débeda, que case duplica a de tódolos gobernos anteriores, senón que endebedou a Autonomía, sen que se saiba cál é a obra, ou a inversión que acometeu. Este Feijoo é o mesmo que prometeu baixa-los impostos e que vai deixar afundida a Comunidade baixo do insoportable peso dunha monstruosa débeda; sen que se xustifique ese monstruoso endebedamento con ningunha infraestructura.
Á Xunta sentoulle mal que o Goberno do Estado autorice ós concellos a contraer nova débeda, eso trastócalle os plans de afogar ós concellos que non goberna o PP. A fineza do planeamento, xunto coa incompetencia, lévalle a ter retidos 76 millóns de euros, que o Estado lle transferiu pra infraestructuras locais. Feijoo debe saber que eses cartos hai que comprometelos neste ano, e aínda hai que elaborar os proxectos e os expedientes das obras. No tempo que falta, imposible
2 comentarios
Pontevedrés -
Que por certo, nos case dous anos que leva de xestión na consellería non se lle coñece ningunha xestión salientábel.
Non sei que diantres pinta!!!!!
Verdés -
Daquela podemos durmir todos tranquilos...ja,ja,ja!!!
Menudo inútil.