ECHE O QUE HAI
O que Feijoo incumpra a Lei da Memoria Histórica entra dentro do pensar dese sector, tan abondoso no PP, pros que a guerra civil non rematou. Non son capaces de condenar o réxime franquista. Dicía un fascista que as esquerdas intentaban roubarlles España; unha maneira de pensar que revive a noite mais tebra do fascismo español. Pros fascistas España é unha inmensa finca súa; séntense incómodos e a desgusto na democracia, porque é un xeito de gobernar que lles é alleo. Dicía unha Deputada do PSOE que a actitude de Feijoo era miserable. Cando menos é incrible, negando a posibilidade de que os mortos da dictadura descansen dignamente e en paz. Feijoo, e os que lidera o PP galego, integran o rexurdir político de algo que nunca morreu, fascismo do século XX, unha sobrevivencia do franquismo, de aí, a raíz da súa postura sobre a memoria histórica.
0 comentarios