XA EXPORTAMOS
Non vos preocupedes cidadáns do mundo, o goberno de Galiza está en boas mans, xa exportamos. O líder do PP balear está copiando a precampaña que fixo Feijoo en Galiza. Nin Baleares é Galiza, nin o goberno balear é o bipartito, os países, as circunstancias son distintas, e o que lle deu resultado ó PP nun sitio, o mais seguro, que non llo dea noutro; aínda que unha cousa é certa, non importa a verdade, importa o método pra chegar ó obxectivo. Por moi raro que nos pareza, todo foi posto en práctica con anterioridade na Alemania nazi. Hoxe, actualizado, é o método de Goebbels. Queda por saber canto é obra de Xénova, ou dos profusos viaxes de apostolado de Feijoo.
Xa sexa obra de Feijoo, ou de Xénova, asistimos a un reponte do fascismo, a un Franquismo sen Franco.
0 comentarios