MENTIRAS ORZAMENTARIAS
Zapatero merca apoios pros seus orzamentos, o PP pono a parir; razóns no lle faltan, aínda que cando o precisou fixo o mesmo.
A Conselleira de Facenda presentounos os orzamentos da Xunta como austeros, realistas e sociais. Pois ben, De principio non son austeros; recorta-los, sen mais, non equivale a austeros. Serían austeros se recortaran os gastos correntes, en lugar dos gastos socias e as inversións, que se recortan nun 45%., pola contra increméntanse os gastos corrente coa creación innecesaria dun novo órgano administrativo, a AXENCIA TRIBUTARIA GALEGA. Realistas, non o cree nin o que asou a manteiga nun garabullo.; en gran parte dependen das transferencias de Madrid. Si Feijoo critica os orzamentos de Zapatero; ¿ en qué estimacións se basea?. Sociais; fai falta mais morro que cen negros cantando o aleiuuuu; Suprimiron comedores escolares, suprimen 1000 profesores no ensino, recortan o gasto sanitario, recortan as asistencias sociais; suprimen o seguro da pesca, eliminan incentivos á modernización do sector; no se inverte en medioambente, as infraestructuras, non solo se recortan, senón que o presupostado non se executa. Os recortes e os peches de líneas de investigación levaranos a unha Galiza medieval, atrasada, escura, gobernada por caciques.
O apoio á lingua galega, en presuposto, é un tercio do goberno anterior; o normal dun goberno que quere extinguila.
A Conselleira de Facenda solo está entregada ós medios os que lles mercou os titulares; eso demostra que moi bos non son. Ter que pagar pra que che falen ben deles evidencia que hasta a cos fixo non os cre.
Menos infraestructuras, menos política social, menos sanidade, menos educación pública, menos cultura, mais paro, mais pobreza e, dende logo mais propaganda.
0 comentarios