MUNICIPAIS
As municipais están a caer. Un problema sen resolver agroma no horizonte. Non sei se alguén pensou que o PP ía cumpri-lo pacto antitransfuguismo. O mesmo Feijoo e o muñidor de mocións de censura se encargaron de despexar toda dúbida. Atoparon unha escusa no caso de Benidorm, tampouco lles facía falla. A folla de ruta dos apaños xa hai tempo que a tiñan trazada.
É pouco comparable o caso de Benidorm cos de Galiza, non ten nada que ver. En todo caso, o protagonista do caso Benidorm recolle a luva e propón que tódolos sospeitosos de transfuguismo se retiren. Eso é deixar a Feijoo e a Louzao co cu o aire.
Nos casos de transfuguismo flota a sospeita da corrupción, unha corrupción atribuíble por igual ó corruptor e o corrupto. O nefasto transfuguismo houbérase evitado si a acta de concelleiro non fora persoal, senón do partido. Nunha suposta reforma electoral, ademais de non atribuí-la acta ó elixido, xa que as listas non son abertas, a maioría absoluta debería atender a un dobre concepto de maioría de deputados e de votos; dese xeito, nunca unha minoría imporía a súa vontade á maioría.
0 comentarios