Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

XA SE PON EN MARCHA

 

           Lonxe de seren unhas xuntanzas multitudinarias de acollonamento do inimigo; as xuntanzas de Soutomaior e Silleda foron un aviso a Feijoo da preocupación de algúns sectores, preocupados pola incerteza dos resultados das eleccións locais. Non se pode, nin  sequera Louzao, asegura-la certeza do futuro, o futuro sempre é incerto. Feijoo puxo a traballar ó equipo de alienación mental do electorado. En vindeiras datas o PPg poñerá en marcha unha macrocampaña publicitaria á que nade se poderá escapar. A campaña farase co gallo de promociona-lo Decreto de aniquilamento do galego, que será a fachada da campaña. O presuposto inicial é de un millón douscentos mil euros, ampliables e con cargo ó erario público. A campaña desenrolárase encamiñada, principalmente a grupos de poboación grandes; os núcleos pequenos queda baixo a responsabilidade dos caciques locais. Esa era a folla de ruta. Acontecementos externos aconsellaron modifica-la. Este despilfarro do diñeiro público pra alienarnos, noutro pais traería rabo, pero o PP sabe que Galiza é terra de obediente silencio e deixarémonos inmolar; e unha  vez mais fariamos certo aquel dito, que di: que mexarán por nos, e diremos que chove. Preocúpame moito saber que estarán maquinando agora pra argallar algunha falcatruada. Esto así  non queda, non rematou. Xa veredes.

 

0 comentarios