UNHA ACTUACION EN MADRID
Non era un Corral de Comedias, na sede da Academia de Ciencias Morais e Políticas, a compañía de comedias da Xunta, co actor Núñez Feijoo como estrela, narroulle ó público os recortes os orzamentos da Xunta. Mi bo actor, pero xa o empezan a coñecer. Nada sobre os recortes sociais, sobre o incremento dos gastos correntes que, en conxunto, soben mais dun oito por cen, ó que hai que engadir a creación da Axencia Tributaria Galega e, as que chama embaixadas económicas, que se crearán en lugares onde hai votos que colleitar. As Delegacións de Facenda da Xunta so xestionan impostos perralleiros; polo que non deixa de ser un disparate, nestes momentos de contracción do gasto. Polo que ve, o aforro consiste en multiplica-lo gasto e desaproveitar as legacións do Estado Español. Claro o que interesa realmente son os votos dos emigrantes, porque as relacións exteriores son competencia exclusiva do Estado.
0 comentarios