DEPUTACIÓN DESBOCADA
A Deputación de Pontevedra cábelle o dubidoso honor de ser a Deputación mais mal xestionada de Galiza; ademais lonxe de ser unha Institución de apoio ós concellos, distínguese pola xestión partidista, obviando o servicio xeral. Non sei a qué se lle pode culpa-la mala xestión; o mais sinxelo sería culpa-lo á falta de preparación do seu presidente; pois si ben é certo que o non se esixe unha especial cualificación pra presidi-la Institución, non parece o mais acertado que un bedel sexa o apropiado, solo sexa por imaxe, xa que non é posuidor dunha formación axeitada. Neste caso vemos que o mais importante non é ser muiñeiro, senón saber trata-la fariña. Louzao non é unha persoa de sólida formación. Como o seu amigo e próspero prócer Telmo Martín, teñen uns orixines humildes e procelosos, pero son, ante todo, homes de partido. Louzao leva incentivado mais mocións de censura nos municipios da provincia que as que se fixeron en todo o Estado, e parece que esto costa cartos.
Na comparecencia dos Presidentes das Deputacións no Pazo do Hórreo, Louzao intentou votarlle a culpa do transfuguismo á oposición, demostrou que o seu concepto de trnas fuguismo non en nada que ver co dos morais. Pola súa parte, o pesidente da Deputación de Orense, que ten a segunda plantilla de persooal meirande de España, laiase do pouco orzamento que a Xunta dedica ás Deputacións. Atento Feijoo.
0 comentarios