!QUE MEDO!
Estaba eu mirando para unha foto dun acto destes que nos prodiga Feijoo, pra autobombo e manter alta a moral dos seus seareiros. Na instantánea, unha moza, que asusta, amosa un cartel insultando a Zapatero e animando ó público a xalear. Con ve-la foto, aínda que viñéramos de outro planeta, poderíamos facer unha crónica do acto. !que pobreza de actos e canta vileza! Era un acto de promoción do PP local, o mesmo tempo, dábase o baño de fieis pra espanta-la pantasma dun fiasco recente na mesma cidade. Vigo non lle perdoa que lles suprimira o proxecto de hospital público e o sustituira por un negocio dos seus amigos, que paralizara o proxecto de saneamentos e cantas inversións tiña previsto a xunta na cidade. Non toda a culpa é de Feijoo, aínda que a letra é súa, a música é de Corina, que quere afogala cidade pra logo salva-la ela.
0 comentarios