A FENDA
.
Entre Galicia Sur e Galicia Norte, Feijoo está a cavar unha fonda zanxa; así mentres en Galicia Norte dispoñen dunhas infraestructuras sanitarias públicas e de calidade, somete ó sur de Galiza a rapiña e a codicia dos seus amigos, facendo da sanidade un negocio. Non lle preocupa a calidade do servicio, porque non lle preocupan os usuarios. El saberá vende-lo invento, de feito que estes usuarios da Galiza Sur aínda lle teñan que estar agradecidos por fodelos. Pensa que o ciudadano galego é ignorante e que se deixa seducir polas mentiras ben contadas, que todo se arranxa con boa publicidade, que canto mas lles dan polo cu, mais se agachan; pode que se leve un desengano.
En Pontevedra, unha curiosa plataforma defende a construcción do novo hospital e unha sanidade pública; se temos en conta que na reforma do Hospital Montecelo se gastaron 30 millóns de euros, que alguén defenda o seu peche, resulta sospeitoso; algo así como se o edificio se reservara pra niño das gaivotas.
0 comentarios